Categorías: Actualidade

Formoso comprométese a que, con Besteiro presidindo a Xunta, Negreira terá un novo Centro de Saúde

O secretario xeral do PSdeG puxo a situación das instalacións sanitarias da vila e do CEIP O Coto como exemplo “do desmantelamento dos servizos públicos en Galicia durante 15 anos de gobernos do PP”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asegurou esta tarde en Negreira que, tras o día 18, cun goberno galego encabezado por un socialista, os servizos públicos van experimentar un novo impulso. No auditorio Afonso Eanes do Cotón, comprometeuse a que, “con Besteiro presidindo a Xunta, Negreira terá un novo centro de saúde e o CEIP O Coto terá a reforma que tanto tempo levan demandando a comunidade educativa e o Concello”. Ambos edificios son, dixo, “un exemplo do desmantelamento dos servizos públicos durante 15 ambos de gobernos do PP en Galicia”.

Formoso, que estivo acompañado pola cabeza de lista do PSdeG pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias; o número 4, Aitor Bouza, e o alcalde de Negreira, Ángel Leis, detallou, ademais, outras necesidades urxentes para o municipio “que non se están a atender e ás que lles imos dar resposta cando gobernemos”, como completar a rede de saneamento en núcleos rurais.

O máximo responsable dos socialistas galegos asegurou que a suma de gobernos do PSOE no Estado e na Xunta vaille servir a Galicia para experimentar nos vindeiros anos “un impulso económico, industrial e social como non se lembraba” e lembrou que todos os grandes avances que experimentou España dende a volta da democracia se deron da man de executivos socialistas. “Así que Besteiro é a única alternativa, a única opción para o cambio”, afirmou.

Fronte á “desidia e o estancamento” das etapas de Feijoo e Rueda, “que deixan unha comunidade completamente endebedada e unha sangría industrial”, Formoso invitou ao optimismo, a superar a crise demográfica que significa a perda de 100.000 habitantes en 15 anos, “tanto como a suma da poboación de Santiago e Negreira”, ou o progresivo deterioro dos servizos sociais, cada vez máis necesarios polo incremento da idade media das galegas e dos galegos.

Insistiu en que “a Galicia que funciona non é a de Rueda, non é a do PP, como nos queren facer ver. A Galicia que funciona de verdade é a dos concellos gobernados por socialistas e a das deputacións gobernadas por socialistas”. Nese senso, puxo como exemplo o investimento da Deputación da Coruña en axudas ao emprendemento no 2023, que ascendeu a 23 millóns de euros só para a provincia, mentres que a Xunta dedicou só 18 millóns co mesmo obxectivo para toda Galicia. Tamén o incremento dos fondos destinados á protección social nun 178 % por parte da institución provincial, pese a carecer de obrigas nese eido, xa que as competencias correspóndenlle á Administración autonómica.

“Con Besteiro imos recuperar a sanidade, a educación, a industria, o emprego e os servizos sociais”, resumiu Valentín González Formoso.

O alcalde de Negreira lamentou que a día de hoxe non se están a atender outras demandas que xa lle foron reiteradas á Xunta “e que co goberno de Besteiro van ser atendidas”, como son a ampliación dos colectores da EDAR Barcala e o saneamento de Pontemaceira, ou a construción dun centro de día ou unha residencia de maiores, que é unha prioridade absoluta para o Concello.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Otero esixe “tódalas garantías para o medio ambiente” no proxecto de Altri

Subliña que “fronte aos vetos cruzados, queremos industria, emprego e respecto ao entorno”   A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiu…

21/05/2024 18:02

Nicolás González Casares denuncia o desleixo da Xunta diante da caída da produción marisqueira en Galicia

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo mantén un encontro en Barbanza para analizar a situación das rías de Arousa…

21/05/2024 17:04

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38