Categorías: Actualidade

Formoso: “A Galicia que funciona é a Galicia dos concellos gobernados polos alcaldes socialistas”

O secretario xeral do PSdeG: “Cando pechas ukn colexio ou un centro de saúde, estás matando unha vila do rural, e o PP pechou 138 colexios”

Félix Bolaños lembrou en Cee que en cinco anos de goberno de Pedro Sánchez o Estado investiu en Galicia un 30 % máis que o de Rajoy durante os cinco anteriores

Patricia Iglesias asegurou que Besteiro “é o único candidato con solvencia para ser o vindeiro presidente da Xunta”

Cee, 4 de febreiro. Valentín González Formoso pediu hoxe na casa da cultura de Cee o apoio á candidatura liderada por José Ramón Gómez Besteiro para garantir “unha sanidade de todas e todos os galegos e un sistema educativo de calidade”.

O secretario xeral do PSdeG compartiu hoxe co ministro de Xustiza, Félix Bolaños; a número 1 da candidatura pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias, e a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, un acto no que enumerou as propostas socialistas para o vindeiro 18 de febreiro, en contraposición “esa parella, Rueda e Feijoo, que gripou o motor de Galicia”. Fronte a 15 anos que deixan 100.000 habitantes menos, 138 colexios menos,  unha comunidade “completamente endebedada” e “unha sangría industrial”, Formoso invitou a evitar que Rueda volva ser presidente “porque non o merece” e votar a “única alternativa”, a de Besteiro. Porque “cando pechas un colexio ou un centro de saúde, estás matando unha vila do rural”, afirmou.

Formoso asegurou que “a Galicia que funciona é a Galicia dos concellos”, nos que os alcaldes socialistas gobernan a máis da metade dos galegos. “Esa é a Galicia que funciona”, insistiu. Lembrou tamén, como exemplo dese modelo, que unha institución como a Deputación da Coruña invisteu o ano pasado 23 millóns de euros en apoio ao emprendemento, mentres que a Xunta só 18 para toda Galicia. Ou que aumentou un 178 % o orzamento para protección social “sen ter ningunha obriga porque a ten a Xunta”.

O ministro de Xustiza, Félix Bolaños, visitou antes do mitin a vila do Pindo. Alí dixo que o 18 de febreiro “Galicia xógase moito, xógase pasar páxina a un goberno da Xunta esgotado”. Logo de participar tamén na manifestación pola sanidade pública en Santiago, afirmou que o que quixeron deixar patente pola mañá 30.000 galegos foi que “Rueda e Feijoo deixaron a sanidade de pena”.

En contraposición á “desidia” do PP, “os socialista queremos volver coidar a sanidade, porque somos os que construímos o sistema nacional se saúde e queremos que a sanidade pública galega volva ser o que nunca debeu deixar de ser”, asegurou xa pola noite en Cee. Bolaños quixo destacar a oportunidade que ten Galicia con José Ramón Gómez Besteiro na presidencia, porque o PSdeG é “a única formación que é capaz de facer un cambio serio, solvente e competente.

Mostra diso é o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa comunidade. “En cinco anos destinou a Galicia un 30 % máis de recursos que Rajoy nos cinco anteriores”, destacou.

Patricia Iglesias recordou que “as grandes reformas sempre viñeron da man de gobernos socialistas, e por iso temos que crer que o proxecto que lidera Besteiro é o proxecto que ten ambición de país e orgullo galego, de avance, de progreso”. A número 1 da lista pola  Coruña asegurou que o candidato do PSdeG é “o único con solvencia e capacidade para ser o vindeiro presidente da Xunta, e se a xente vota, haberá cambio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Otero esixe “tódalas garantías para o medio ambiente” no proxecto de Altri

Subliña que “fronte aos vetos cruzados, queremos industria, emprego e respecto ao entorno”   A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiu…

21/05/2024 18:02

Nicolás González Casares denuncia o desleixo da Xunta diante da caída da produción marisqueira en Galicia

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo mantén un encontro en Barbanza para analizar a situación das rías de Arousa…

21/05/2024 17:04

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38