Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro presenta a Estratexia Galega de Innovación para apoiar ás startups e a transformación dixital dos sectores mais tradicionais

O candidato socialista á Presidencia da Xunta visita unha empresa de realidade estendida na Coruña, onde probou persoalmente a realidade virtual

Xoia é a empresa referente no mundo virtual do noroeste español

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, presentou hoxe “a estratexia galega de innovación capaz de apoiar ás startups e levar a transformación dixital aos sectores máis tradicionais da nosa economía”. Así o explicou durante a visita á empresa Xoia Extending Reality, na Coruña, onde comprobou en primeira persoa os avances en realidade aumentada da empresa, considerada o referente do noroeste español.

Besteiro explicou as principais propostas do seu programa electoral para o despegue definitivo da innovación e a tecnoloxía en Galicia. Segundo sinalou, o sistema galego de I+D+i ten problemas persistentes que seguen reflectindo as cifras oficiais do INE.

Explicou que o principal talón de Aquiles é “o investimento empresarial en I+D, que se segue situando por baixo da media española -51,8 por cento fronte o 56,8 por cento en España-, e ademais o perfil das empresas que invisten en I+D seguen sendo maioritariamente as de máis de 250 empregados”. Alertou da falla de estratexia por parte do goberno para facilitar a creación de startups tecnolóxicas e a falla de transferencia da I+D ao sector privado.

O candidato salientou a aposta dos socialistas galegos por potenciar e multiplicar os centros de innovación e tecnoloxía en colaboración coas universidades galegas, a empresa privada e os organismos públicos, co obxectivo de crear un entorno fértil para o nacemento e multiplicación de proxectos de I+D+i. Poñendo como exemplo disto a Cidade das TIC da Coruña.

E, ao mesmo tempo, intensificar de maneira eficaz unha ambiciosa política de impulso da innovación para a transformación dixital das pemes galegas, especialmente nos sectores tradicionais. Empresas que se encontran máis afastadas do circuíto da innovación, e que teñen máis dificultades para chegar ás axudas a innovación que se ofertan dende a administración autonómica.

Criticou que o goberno galego continúa a menosprezar ao sector tecnolóxico, tratándoo como unha industria auxiliar, cando ten potencialidade abondo para ser unha industria propia que exporte e innove de Galicia para o mundo. Dixo que “non queremos tecnolóxicas para facer proxectos pequenos para a empresa local”, senón que reivindicou un modelo ambicioso que “cree solucións para exportar ao resto do mundo”, igual que no resto dos polos tecnolóxicos.

O candidato socialista mantivo unha conversa co CEO da empresa, Xoel Vázquez, e os principais responsables da firma para compartir perspectivas sobre como abordar esta problemática a través dunha estratexia de país, e as súas experiencias empresariais e perspectivas de futuro.

Co exemplo de empresa Xoia Extending Reality, o candidato animou a aproveitar a experiencia adquirida para a aplicación práctica de tecnoloxías disruptivas, como intelixencia artificial, a internet das cousas, a robótica e o big data, afrontando retos específicos para Galicia como a xestión sustentable de recursos naturais, a mellora dos servizos e o impulso da industria local. Dixo que estas iniciativas serven como “incubadoras de startups tecnolóxicas”.

Salientou as vantaxes do impulso dun ecosistema emprendedor tecnolóxico, que permita aproveitar a experiencia adquirida ata o momento para explotar o enorme potencial de cara ao futuro destas empresas. Estas iniciativas garanten unha expectativa de emprego de calidade e ofrecen unha imaxe moi positiva de Galicia cara ao exterior, demostrando que outro modelo económico é posible a partir da tecnoloxía e a innovación.

Galicia Dixital Skills

Dentro desta Estratexia Galega para a Innovación, o candidato pormenorizou os seus principais proxectos, que comezan coa iniciativa “Galicia Dixital Skills”, como aposta pola formación e capacitación en TIC, un programa que supón a formación e capacitación en habilidades dixitais e tecnolóxicas para empresas e profesionais.

Incluirá cursos especializados co obxectivo de cubrir as necesidades emerxentes en tecnoloxías disruptivas, garantindo o talento necesario para o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.

Un Plan Plurianual de Incentivos para a I+D+i e o lanzamento do Programa InnovaTIC Galicia de incentivos económicos e mentorización para startups e Pemes que busquen o desenvolvemento en proxectos tecnolóxicos punteiros. Este buscará tamén a participación activa de grandes empresas como partners tecnolóxicos e de innovación, creando un modelo de colaboración único co reforzo dos Hubs de Innovación Dixital -HUD-.

Besteiro insistiu de novo que un futuro goberno encabezado polo PSdeG contará cunha Consellería integrada de Universidades, Ciencia e Innovación, así como unha axencia que agrupe os investimentos en innovación e promoción económica. Ademais, comprometeuse a aprobar unha nova Lei de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación no primeiro ano de mandato, co compromiso de incrementar o investimento en I+D.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05