Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro: “O cambio con garantías só é posible se votades ao Partido Socialista”

O candidato socialista á Xunta comprométese en Vilagarcía a dotar á vila dun Centro de Saúde moderno que conte con persoal suficiente e a arranxar as lamentables condicións de colexios e institutos

Considera que Vilagarcía precisa mellorar as súas infraestruturas e ao tempo unha Estación Intermodal que facilite a mobilidade de toda a comarca

Besteiro asegura que ”os veciños de Vilagarcía non se poden permitir catro anos máis dunha Xunta que lle fai oposición a esta vila e non fixo nada en 20 anos”

Vilagarcía de Arousa, 7 de febreiro de 2024.- O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe nun mitin en Vilagarcía de Arousa que “un cambio de goberno con garantías só é posible se votades ao Partido Socialista” porque “somos solventes, temos un proxecto, peso en Madrid e un equipo capaz e preparado para asumir con todas as garantías un novo futuro para Galicia”.

Besteiro dixo que “os veciños de Vilagarcía non se poden permitir catro anos máis dunha Xunta que lle faga oposición a esta vila” e preguntou que fixo o PP nestes 15 anos na localidade pontevedresa. Recordou que “a última gran inversión da Xunta foi hai 20 anos cando construíu o Auditorio Municipal, pero desde aquela: nada!”

O candidato Besteiro afirmou que “todo o progreso que fixo Vilagarcía veu da man do seu alcalde, o socialista Alberto Varela, ao seu esforzo e o seu empeño e non grazas á Xunta do PP e Rueda. Lembrou que o novo Centro de Saúde, aínda por construír, o será pola insistencia do alcalde e engadiu que aínda así “os dous sabemos que do PP non nos podemos fiar” en clara referencia a que o Concello cedeu a parcela, derrubou a edificación existente e a Xunta aínda non puxo a primeira pedra.

Por iso insistiu que cando sexa presidente da Xunta de Galicia, “Vilagarcía terá un Centro de Saúde moderno e o persoal sanitario suficiente garantir a calidade da sanidade pública e ao servizo da cidadanía”.

“O mesmo está a acontecer coa nefasta xestión do señor Rueda en toda a educación pública galega” criticou Besteiro, que puxo como exemplo o CEIP Rosalía de Castro de Carril “onde a Xunta do PP non é capaz, nin tan sequera de arranxar uns simples baños para os nenos e nenas” que prometeron hai seis anos e aínda hoxe non fixeron. Exemplificou o abandono da vila tamén co IES O Carril “onde a auga sae marrón polas billas” e cualificounos de incompetentes.

Besteiro confirmou que “os socialistas temos claro que isto non pode acontecer na Galicia de 2024, é algo tan básico, tan elemental, que non podemos resignarnos a que sexa a nosa realidade” para garantir que “con nós a educación pública galega non lle vai faltar nin profesores nin boas instalacións” e recordou que os libros de texto volverán ser de balde.

Tamén abordou o candidato socialista o asunto da mobilidade, outro desastre da Xunta de Rueda que só vai a peor, e comprometeu a conexión entre a Estación de Autobuses e a do tren para convertela nunha especie de Estación Intermodal para Vilagarcía, a única das grandes sete cidades que non a posúe. Pero sobre todo falou da necesidade de mellorar a mobilidade das persoas e prestar un mellor servizo de conexións e frecuencias no transporte comarcal. E preguntouse “¿Como é posible que hoxe sexa máis fácil chegar en tren a Madrid, que de Vilagarcía ao Grove en autobús? Esta é a factura de 15 anos de goberno popular aquí no Salnés”.

Rematou Besteiro que tanto Vilagarcía como a súa comarca necesitan un goberno socialista que impulse as infraestruturas que levan máis dunha década paralizadas. “Falamos da reforma dos viais autonómicos, da Avenida Rosalía de Castro, da Avenida de Cambados… Nós queremos apostar por esta comarca. Nós apostamos por conectar toda Galicia”, concluíu.

No mitin, acompañaron a Besteiro, ademais do alcalde da vila, o candidato número catro por Pontevedra do Partido Socialista as eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro, Julio Torrado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09