Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Besteiro anuncia a participación dos socialistas na manifestación da xente do mar, o 21 de xaneiro en Santiago, e reivindica unha Galicia “limpa da contaminación das mentiras que sementa o PP”

O candidato socialista achegouse a Lira -Carnota-, onde visitou a praia de Portocubelo e mantivo unha xuntanza coa Confraría de Pescadores

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe que os socialistas galegos acompañarán á xente do mar na manifestación convocada o próximo 21 de xaneiro en Santiago en defensa do mar e en protesta pola xestión da crise dos pélets. Así o dixo durante unha visita a Carnota, onde mantivo unha xuntanza coa Confraría de Pescadores de Lira.

O responsable socialista defendeu unha Galicia “limpa da contaminación das mentiras” que están a impoñer “a Xunta, o PP e o presidente Rueda”, polo que o PSdeG é o primeiro partido en confirmar a súa asistencia á manifestación do próximo domingo. Besteiro confirmou que o partido vaise “sumar e apoiar” esta mobilización “xunto cos pescadores, mariscadoras, biólogos, ecoloxistas e voluntarios”.

Gómez Besteiro criticou a xestión do goberno galego aludindo ao último bandazo coa xestión da marea plástica, logo de que a conselleira de Medio Ambiente anunciara, onte, unha Comisión para analizar a toxicidade dos pélets logo de semanas negando a súa toxicidade.

Durante esta visita, que rematou cunha xuntanza coa Confraría de Pescadores en Lira, fixo un chamado á Xunta a colaborar co Estado nun momento de crise no que “a suma das administracións é extraordinariamente importante”. Anunciou que os socialistas galegos farán “seguimento” do cumprimento de “tódalas administracións” nas tarefas de limpeza “para poñer fin á marea plástica”.

Así o dixo durante unha visita á praia de Portocubelo, en Lira, xunto cos representantes do sector do mar da zona, aos que acompañaron membros da candidatura e os alcaldes e alcaldesas socialistas da Costa da Morte, ademais de representantes políticos do PSdeG.

Besteiro visitou Carnota acompañado do alcalde da localidade, Juan Manuel Saborido, e xunto coas alcaldesas e alcaldes de Camariñas -Sandra Ínsua-, Cee -Margot Lamela-, Dumbría -Raúl González-, e Vimianzo -Mónica Rodríguez-.

Alcalde de Carnota

O alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, coincidiu co candidato socialista e salientou a importancia fundamental da cadea do mar para a economía galega e sobre todo para as localidades costeiras. Afeou a estratexia do goberno galego e Subliñou que “non vamos a ser nós os que estraguemos este entorno”, que no caso de Lira é Lugar de Interese Comunitario e Rede Natura 2000, por “unha simple campaña electoral”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21