Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro acusa a Rueda de “insolvencia sanitaria” e de poñer en risco a saúde dos galegos e das galegas

Participa nunha concentración xunto con 3.000 persoas para denunciar a situación do Centro de Saúde de Viveiro, “unha mostra máis da lamentable situación que estamos a sufrir na Atención Primaria”

O candidato socialista á Xunta de Galicia acusa a Rueda de por en risco a saúde da veciñanza da Mariña: “Só se decidiu a facer algo dous días antes desta manifestación”

O candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, criticou hoxe a “insolvencia sanitaria” amosada por Rueda, que pon en risco a saúde dos galegos e das galegas coa súa mala xestión. Participou na manifestación convocada diante do Centro de Saúde de Viveiro xunto con 3.000 veciños e veciñas para denunciar os recortes na sanidade pública.

O responsable socialista participou no encontro xunto coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, xunto con alcaldes e representantes socialistas doutros concellos da Mariña.

O socialista criticou o “abandono” da sanidade pública por parte do PP, e dixo que “iso si que é romper Galicia”, diferenciando entre os concellos que dispoñen de asistencia sanitaria e os que non a teñen. Explicou que o 80 por cento dos 67 concellos de Lugo teñen baixas de médicos, 14 deles con risco de perder o servizo.

Tamén se referiu ás listas de agarda en Atención Primaria en Galicia de entre 15 e 20 días e falta de tempo que teñen os profesionais para atender aos pacientes. Aludiu á perda de 1.000 sanitarios nos 14 anos de gobernos do PP, antes de trasladar o seu apoio aos profesionais sanitarios que “levan anos compensando o déficit estrutura do sistema co seu compromiso”.

En declaracións aos medios, Besteiro denunciou a situación na que se atopa o Centro de Saúde de Viveiro, “que é un mostra máis da lamentable situación que está a padecer a Atención Primaria en Galicia”. Lamentou neste senso que os veciños e veciñas  leven practicamente un ano sen pediatra e “con só dous médicos para atender ás urxencias e ás consultas de Atención Primaria”.

O candidato socialista explicou que dos sete facultativos “tan só traballan dous na quenda da mañá e só un na da tarde, e o servizo de pediatras que atende a toda a comarca só está operativo uns días ao mes porque se trasladan dende o Hospital de Lugo”. Unha situación insostible, engadiu, “que pon en risco a saúde dos veciños e veciñas da Mariña”.

Besteiro lamentou que “despois de ter que soportar esta situación ao longo de todo este tempo, a 48 horas desta concentración, atopámonos na prensa que, AGORA SI a Xunta vai tentar de resolver esta situación de xeito inmediato. Isto é unha tomadura de pelo para os veciños e veciñas de Viveiro”.

Colapso do sistema informático

Besteiro tamén lembrou que esta mesma semana colapsou o sistema informático do SERGAS, o que impediu acceder á información real de cada paciente, o sistema de receitas e afectando incluso ao 061. Dixo que se trata dun “feito de extrema gravidade que non pode volver a suceder”.

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta remarcou que, en contraposición ao modelo falido da dereita, “os socialistas galegos queremos un modelo de atención primaria multidisciplinar, un modelo que sexa o centro real da saúde galega. Dotándoo de persoal con condicións laborais dignas, e dos recursos necesarios para volver a ofrecer unha atención de calidade aos galegos e galegas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00