Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo urxe á Xunta a activar un plan de choque para frear o declive demográfico de Galicia

Critica o desleixo da Xunta mentres Galicia rexistra o peor saldo vexetativo do Estado

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que poña en marcha un plan de choque para frear a caída demográfica de Galicia, logo de que esta semana o INE confirmara que ten o peor saldo vexetativo do Estado.

A responsable socialista denuncia o “desleixo” do goberno galego diante desta circunstancia, sen apenas medidas que paren a sangría de mozos e mozas que teñen que abandonar Galicia para buscar traballo e cun goberno “carente de ideas minimamente eficaces” de fomento da conciliación e incentivos á natalidade que permitan impulsar a curva de nacementos.

Rodríguez Rumbo sinalou aos datos ofrecidos polo INE, que revelan que Galicia pechou o ano pasado con 18.057 habitantes menos que en 2020, co que hoxe temos 100.000 galegos e galegas menos que en 2009. Naquel ano, o PP volveu ao goberno galego inaugurando unha etapa na que os desequilibrios territoriais non fixeron máis que aumentar, “cunha Galicia en marcha lenta e unha Galicia en marcha atrás”.

Os datos do INE revelan que no ano 2021, en Galicia naceron un 24 por cento menos de persoas que no ano 2000, cunha taxa de variación anual máis baixa que a media do Estado. Onde “si somos líderes”, lamentou a deputada socialista, “é en taxa bruta de mortalidade”.

Esta situación, que se repite en todas as provincias galegas, rexistra unha especial incidencia en Ourense, a segunda do Estado que peor evolución tivo nos últimos 50 anos. A maiores, as prospeccións do IGE advirten que, de seguir así, en menos de 14 anos, “perderemos case 165.000 habitantes máis, que é tanto como perder o 54% da poboación actual de Ourense”, situando a Galicia no entorno dos 2,5 millóns de habitantes en 2035.

Ademais, advertiu da “especialmente preocupante” evolución por grupos de idade, con 277.000 persoas menos menores de 40 anos que en 2009 e, por exemplo, a provincia de Ourense xa tan máis persoas pensionistas que afiliadas á Seguridade Social.

Plan de choque

A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego que poña medidas enriba da mesa dirixidas a frear a sangría demográfica, comezando por cumprir as medidas previstas na Lei de Impulso Demográfico de Galicia que o propio PP aprobou en febreiro do ano pasado. Lamentou que a propia Xunta se teña demostrado “preguiceira ata para poñer en marcha as súas propias normas que deberan estar encamiñadas a recuperar a poboación galega”.

Acusou á Xunta de converter en “papel mollado” tanto as leis que eles mesmos impulsan como os “titulares que venden periodicamente nos que din priorizar as medidas para a mellora do mercado laboral para mozos e mozas, as axudas á vivenda e a posta en marcha de medidas de conciliación”.

Reclamou ademais un documento escrito no que o goberno galego contraste as medidas anunciadas nestes últimos 13 anos co seu cumprimento certo, tanto presentando o orzamento executado en cada medida como os obxectivos acadados. Reclama a execución dos recursos destinados a fixar poboación no rural, e a posta en marcha de medidas para o reforzo dos servizos públicos nos concellos galegos que permitan o asentamento poboacional.

Os socialistas galegos reclaman tamén unha liña de colaboración financeira entre Xunta e concellos para que permita que os consistorios máis pequenos poidan desenvolver as competencias das que dispoñen para reverter a situación demográfica.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13