Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso defende o modelo de economía social por canto “significa fomentar a cohesión territorial, loitar contra o declive demográfico e pola igualdade de homes e mulleres”

O líder dos socialistas galegos mantén un encontro cos representantes do Foro de Economía Social de Galicia -Foroesgal-

Reclámalle á Xunta que colabore co sector do transporte poñendo axudas enriba da mesa para paliar a suba dos carburantes e o peche da A-6

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu hoxe o modelo de economía social, que “queremos fomentar -dixo- porque significa cohesión territorial, loitar contra o declive demográfico e loitar pola igualdade de homes e mulleres”. Así o dixo logo dun encontro co presidente do Foro de Economía Social de Galicia -Foroesgal-, Celso Gándara.

O responsable socialista dixo que “é un modelo no que cremos e que compartimos os socialistas, e no que cren a inmensa maioría dos galegos e das galegas, baseado na cohesión social”. Sinalou que “queremos fomentar [o modelo da economía social] e servir de interlocutores no Parlamento de Galicia e tamén co goberno do Estado e os gobernos municipais e provinciais de Galicia”.

Salientou que representa un “ámbito relevante da economía galega”, que supón unha “porcentaxe relevante do PIB do país”, e que resulta fundamental para os máis de 70.000 traballadores e traballadoras con discapacidade incorporados ao modelo social.

Subliñou a súa importancia para a cohesión social por canto “o 60 por cento dos traballadores e traballadoras están incorporados ao modelo de economía social de Galicia nos concellos de menos de 60.000 habitantes”. Ademais, resulta un elemento fundamental na loita contra a fenda salarial entre homes e mulleres, que é “bastante menor nas empresas incorporadas á economía social que nas sociedades mercantís”.

Transportes

En resposta a preguntas dos xornalistas, o secretario xeral do PSdeG reclamoulle ao goberno galego que exerza as súas competencias para liberar axudas directas aos transportistas complementarias ás medidas do goberno central. Reclama así que o Executivo participe das axudas para paliar a suba de carburantes e o peche da A-6 provocado polo derrubamento do viaduto do Castro.

Cualificou de “xusta e lóxica” a demanda de axudas pola caída da infraestrutura de entrada a Galicia, e sinalou que estas “deben de existir por parte de tódalas administracións, non só do Estado, tamén da Xunta de Galicia”. Emprazou a reconstruír a vía “no menor tempo posible”, e “que se faga co total seguridade” logo de coñecer a causa do derrubamento, que permitirá “determinar responsabilidades civís no seu caso”.

O líder dos socialistas galegos reclamoulle ao goberno galego que “sexa consecuente” e destine a axudas directas o 50 por cento dos 556 millóns de euros de ingresos que percibe Galicia polo imposto aos hidrocarburos. Reclamou así unha liña de axudas aos transportes, e aos sectores de gandería e pesca “tal e como fixemos outras institucións socialistas”.

Lembrou os 5 millóns de euros aportados pola Deputación de A Coruña a estes sectores, que foron liberados nun prazo de “7 horas”, e  que chegarán aos 10 millóns de euros. Sinaloulle ao presidente da Xunta que “ao tempo que lle esixe medidas a Madrid debe de adoptar medidas tamén no ámbito galego”, que sexan “áxiles” para protexer ao sector do transporte, que é “o sangue nas venas da economía”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18