Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo responsabiliza á Xunta da “nefasta e inexistente” planificación económica e xestión industrial de Galicia na última década

Esíxelle ao conselleiro de Economía e Industria “menos pico e máis pala” para dar conta do destino dos 2.300 millóns de euros de fondos Next Generation recibidos por Galicia

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou hoxe a “nefasta e inexistente planificación económica e xestión industrial” por parte da Xunta de Galicia durante a última década. A responsable socialista sinalou ao conselleiro de Economía e Industria na súa comparecencia no Pleno do Parlamento de hoxe, e esixiulle “menos pico e máis pala”.

“Temos un goberno incompetente na planificación económica, incapaz na xestión industrial e sen proxecto de país”, dixo logo de lembrar que a Xunta de Galicia posúa competencias exclusivas no fomento e planificación da actividade económica e industrial. Criticou que a pesares de contar con tódalas ferramentas, “dedican tódolos seus esforzos a confrontar e non a xestionar e executar os fondos dos que dispoñen”.

Uns fondos que ademais son inxentes grazas aos 2.300 millóns de euros dos que dispón Galicia a través dos Fondos Next Generation da UE para “recuperarnos das consecuencias da pandemia e da crise xerada pola invasión de Putin a Ucraína”. Sinalou que a Xunta ten a obriga de xestionar estes fondos, e preguntou, citando a expresión empregada polo propio Feijóo, se “estanse forrando cos fondos comunitarios achegados polo goberno”.

Lembrou que o goberno galego tense negado sistematicamente a todas e cada unha das medidas aprobadas polo goberno de Pedro Sánchez dende a chegada da pandemia dirixidas a que “ninguén quede atrás”. Afeoulles así que se opuxeran aos Ertes, ao Ingreso Mínimo Vital, o incremento do SMI, ou das axudas ás familias e pemes.

O mesmo goberno, engadiu, que segundo o Consello de Contas deixou de executar no peor da pandemia 159 millóns de fondos covid para sanidade e 42,5 millóns procedentes do Fondo de Compensación Interterritorial. Esixiulles que “traballen, deixen a publicidade, a propaganda e a confrontación” e asuman a xestión das súas competencias exclusivas en materia de economía e industria.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28