Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista solicitará unha Comisión de Investigación sobre o desvío por parte da Xunta de 159 millóns de euros de fondos sanitarios covid en plena pandemia

Julio Torrado esixe “claridade e transparencia no gasto público” dunha Consellería que cada ano gasta 700 millóns de euros “a dedo”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, anunciou hoxe que o Grupo Socialista pedirá unha Comisión de Investigación sobre o desvío de 159 millóns de euros procedentes dos fondos covid que o Estado lle entregou á Xunta en 2020, en plena pandemia, e que deberan ter sido destinados á sanidade. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha moción que lle pedía á Xunta un informe sobre o destino deses fondos.

O responsable socialista esixiu “claridade e transparencia no gasto público”, logo de que o PP aplaudira no último Pleno cando o conselleiro presumía que non ía explicar cal fora o destino destas partidas logo de que o Consello de Contas alertara de que foran desviadas sen destino coñecido. Acusou ao conselleiro de “escorrer o vulto” e empregar “explicacións falaces” para evitar dar conta das irregularidades detectadas polo órgano fiscalizador na xestión da sanidade.

Torrado lembrou que ademais daqueles 159 millóns de euros, Contas apunta ao uso abusivo da contratación menor, que Sanidade emprega para sortear os controis financeiros, gastando 700 millóns de euros cada ano a pagar contratos “a dedo” e sen concurso público”. Subliñou que “non é posible” que o Sergas asuma o 85 por cento do total da contratación menor de toda a Xunta, para “pagar contratos que non xustifican”.

Sinalou que mentres o PP e o goberno galego apuntan que por exemplo Baleares ten un 10 por cento de contratación menor, subliñou que mentres aquela autonomía emprega o 10 por cento da contratación para o 3 por cento do gasto, a Xunta “emprega o 10 por cento da contratación para o 60 por cento do gasto total”. Alertou ademais de que “o conselleiro sinalou que as prórrogas que incumpren a norma estaban avaladas pola asesoría xurídica e a intervención xeral” da Xunta.

Os socialistas galegos reclamáronlle hoxe á Xunta que reduza a contratación menor sen publicidade nin concorrencia, así como pedían que inclúan ás fundacións públicas de investigación na contabilidade fiscalizada polo Consello de Contas. O organismo fiscalizador alertou de que estas entidades son cualificadas de forma impropia como privadas de carácter benéfico, o que lles permite evitar a súa fiscalización.

Torrado alertou de que a Xunta se negue a incluír a fiscalidade destas entidades que en realidade despregan a súa actividade en instalacións do Sergas, empregan recursos do Sergas e con persoal do Sergas. Acusou ao goberno galego de empregar precisamente persoal das fundacións para “contratar persoal en precario para o sistema sanitario”.

Finalmente, o Grupo Socialista reclamáballe á Xunta que atendera ás reclamacións do Consello de Contas implantando un sistema integral de contabilidade, garantindo a transparencia e información “especialmente en relación co control interno esencial do Sergas e os seus resultados”, publicando o Plan de control financeiro en prazo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04