Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez denuncia “absoluta opacidade” na Comisión Galega da Competencia

A parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo denunciou hoxe a “absoluta opacidade” do Comisión Galega da Competencia. Así o dixo na comparecencia do máximo responsable do ente, hoxe en Comisión parlamentaria, por primeira vez dende a constitución do CGC, hai 5 anos, e ademais sen achegar previamente a Memoria Anual de Actividades nin o Informe Xeral de Actividades.

Rodríguez Rumbo denunciou esta “maneira pouco transparente de xestionar o público”, que demostra “desprezo” tanto pola función da Cámara autonómica como polo propio ente. Lembrou que o Decreto de constitución da Comisión determina unha comparecencia anual diante do Parlamento, que foi incumprida ata o día de hoxe.

Ademais, engadiu, “dificilmente poderemos achegar as nosas aportacións” ao plan de actividades se este non é entregado previamente aos grupos parlamentarios, co que supón de “entorpecemento da actividade  parlamentaria”.

Advertiu de que a última Memoria de Actividades que é posible consultar na web do CGC corresponde ao ano 2016, ademais de que “é imposible atopar información da súa actividade, e non aparecen os plans anuais de actuación de ningún ano”. Por agochar, concluíu, mesmo ata agochan “os nomes das persoas que ostentan os distintos cargos”, xa que “non figuran nin a presidencia, nin a secretaría, a xerencia, e tampouco o propio Consello Reitor”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24