Categorías: Actualidade

Control político, precariedade laboral e falla de diálogo coa plantilla da CRTVG

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG, Noa Díaz, criticou a actuación do ente neste último ano, no que continuaron co “control político dos contidos informativos, escaso diálogo coa plantilla, condicións técnicas de traballo moi mellorables e falla de contidos de interese. Así o dixo na comparencia do director xeral da CRTVG para presentar o informe de contas anual.

Díaz lamentou que a dirección da CRTVG perdera a oportunidade de aproveitar o ano da pandemia para “cumprir por fin coa misión de servizo público dos nosos medios públicos de comunicación audiovisual”. Polo contrario, resumiu a xestión na “menor calidade do servizos, asociada a unha merma moi considerable dos ingresos publicitarios e a unha exacta precariedade laboral”, cunha grella sen contidos de interese e “carente de contidos que pulen pola lingua e a cultura”.

A responsable socialista lembrou o traballo do colectivo Defende a Galega, que ten levado á Valedora do Pobo os seus Venres Negros para reivindicar uns medios públicos de calidade e que desapareza o control político das redaccións. Reclamou o cumprimento íntegro da Lei de Medios Públicos “como mínimo na elaboración dun Estatuto Profesional e a constitución do Consello de Redacción previstos pola Lei de 2011.

Noa Díaz reivindicou ademais un maior control sobre os contidos da programación, como mínimo para evitar “episodios lamentables” como a recente emisión dun programa de Land Rober no que respaldaron ao ex mozo acosador dunha rapaza que participaba no público. Criticou que o “cadramento dos números” pola dirección “en ningún xeito redunda nunha mellor nin maior calidade dos contidos, e moito menos se aprecia unha corrección da manipulación informativa”.

Superávit relativo

Afeoulle ao director xeral do ente que veña “presumir” dun superávit “cando menos relativo, porque dispoñen da achega do Goberno galego, que vai cubrir calquera saldo negativo que exista”. Sen embargo, non poden agochar a caída de ingresos publicitarios, como tampouco agochan o recorte no capítulo de persoal, que reducen en millón e medio con respecto ao orzamentado, e “aínda así deixan sen executar 755.000 euros”.

Sinala que en 2020 había unha media de 912 empregados e empregadas, 31 menos que no ano anterior, malia que manteñen 37 directivos, e reducen 13 traballadores fixos e 6 relevistas, ao tempo que case duplican as substitucións por incapacidades temporais, pasando de 27 a 48. Reclamoulle así que “solucionen a problemática de contratados temporais que ven como rematan os seus contratos mentres as baixas, vacacións ou licenzas non se cobren”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08