Categorías: Actualidade

As viaxes institucionais do goberno galego, sen finalidade nin resultados coñecidos

A viceportavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilan, denunciou hoxe a “absoluta falla de finalidade e de resultados” das viaxes institucionais do goberno galego durante o ano 2019. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Acción Exterior hoxe en Comisión, a quen lle criticou a falla de presenza da Xunta á hora de afrontar o Brexit, as relacións con Portugal no ámbito da lusofonía ou nas conclusións do cumio do clima.

Vilán criticou a falla de criterio no “relatorio de viaxes” ofrecida polo goberno galego, que esquiva tanto o balance de resultados como os orzamentos destinados á presenza da Xunta no exterior, que demostra unha “falla de criterio palmaria”. Neste sentido, advertiu a “ausencia clamorosa” do goberno galego fronte ao Brexit, máxime cando a única presenza no Reino Unido limitouse a “visitar o Centro Galego con motivo do seu 50 aniversario”.

Tamén sinalou como “moi preocupante” a ausencia da política do goberno galego para impulsar as relacións con Portugal no ámbito da lusofonía, cando “Estremadura está a potenciar máis o noso idioma que nós mesmos” por canto hai hoxe “máis persoas interesadas polo portugués naquel autonomía que en Galicia”.

Tamén advertiu da falla de “ningún tipo de referencia ao Cumio do Clima, que vén de se celebrar en Madrid e que a Xunta deixou pasar sen impulsar ningún tipo de relación internacional ou con outras entidades coa fin da loita contra a crise climática”.

Lei de Acción Exterior

Vilán sinalou finalmente que o goberno galego teña aproveitado a súa comparecencia de hoxe para anunciar o Proxecto de Lei de Acción Exterior da Xunta, que vén de ter presentado dende “hai anos”. O texto foi recibido con preocupación tanto polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional como pola Fegamp e a propia Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, que se abstiveron no anteproxecto de Lei.

A responsable socialista reclamou un debate a fondo para mellorar esta norma dende o Parlamento, lembrando a “máis que cuestionable” produción lexislativa do goberno galego, que a 26 de decembro aínda non ten publicado o seu Plan Normativo coa previsión de leis que queren presentar no ano 2019, nin tampouco os resultados correspondentes a 2018.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28