Categorías: Actualidade

A Xunta debe demostrar “implicación e aliñamento co cumprimento da Lei de Igualdade”

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, esixiu hoxe a “implicación e aliñamento” da Xunta de Galicia “co cumprimento da Lei de Igualdade” e reclamou un Pacto Galego contra a Violencia de Xénero. Así o dixo no debate do ditame da Comisión de Estudo para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres, no que os socialistas galegos se abstiveron para “amosar cautela” no que é un “punto e seguido” na loita pola igualdade de xénero.

A responsable socialista advertiu que o goberno galego “non sempre ten amosado” o seu compromiso co cumprimento desta lei. Sinalou as “incoherencias” amosadas polo PP en materia de Igualdade, ao defender publicamente unha Lei de Igualdade que “recolle infinidade de artigos que logo a gran maioría non se aplican, o que parece non preocupar nin levantar as cores ao grupo do PP”.

Lembrou así o recente voto en contra a unha proposta socialista en Pleno para revisar a linguaxe sexista de leis e textos normativos anteriores á Lei de Igualdade, mesmo “permitíndose ridiculizar a linguaxe inclusiva”. Pierres sinalou que o ditame da Comisión de Estudo para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres, aprobado hoxe en comisión e que será debatido a continuación en Pleno constitúe “un punto e seguido, pero en ningún caso un punto e final”.

Pierres amosouse “claramente a favor de seguir dando pasos adiante con cautela”, e apelou ao cumprimento efectivo dos deberes sinalados no ditame desta Comisión, que “quedan expostos pero en ningún caso afrontados ou resoltos”. Estes derivan, dixo, das testemuñas de “todas as persoas ponentes, expertas en cadanseu ámbito de coñecemento, do mundo asociativo, profesionais, funcionarias de xustiza ou dos ámbitos universitario, educativo ou social”.

Pierres apelou ao nacemento desta Comisión, en 2014, cando os socialistas reclamaban unha Comisión “moito máis ampla nas súas ambicións” e que “ademais de recoller a análise das leis galega e estatal de violencia de xénero, tivera como obxecto avaliar as políticas de igualade, sen esquecer outras leis igual de fundamentais para acadar a igualdade”.

Pacto galego contra a violencia de xénero

Reclamou un Pacto Galego contra a Violencia de Xénero e apelou ao cumprimento efectivo de toda a normativa a favor da igualdade de xénero para avanzar no camiño da loita contra a violencia de xénero, que “nace coa erradicación da desigualdade de xénero de raíz, os estereotipos sexistas, a fenda salarial, e todo o que ten que ver coa visión e a misión das mulleres de vivir libremente en igualdade de oportunidades con respecto ao home”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18