Categorías: Actualidade

Portos de Galicia confirma que tampouco fará a dragaxe do porto chico de Foz en 2020

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero Rodríguez, sinalou o desleixo da Xunta de Galicia co Porto Chico de Foz, logo de que este confirmara que tampouco realizará a dragaxe comprometida en 2020. Así o denunciou nunha pregunta en Comisión á presidenta de Portos de Galicia, na que lle reclamou a posta en marcha dunha partida orzamentaria específica para acometer a dragaxe do porto.

Patricia Otero denunciou que todo foi unha “campaña publicitaria” por parte da Xunta que non se concretou en accións concretas e pediu datas concretas para a realización das obras pendentes no Porto Chico. Destacou a “promesa incumprida” feita pola presidenta de Portos de Galicia que lle anunciara á Asociación A Ribeira de Foz a existencia dunha partida “dentro dos gastos xenéricos de Portos” para poder iniciar “os estudios correspondentes” para comezar co proxecto de dragado.

A responsable socialista lembrou que o PP rexeitou, no debate de orzamentos para o ano 2020, unha emenda do Grupo Socialista para destinar 850.000 euros a esta intervención, co que demostran que “non é unha obra prioritaria para a Xunta de Galicia”. Así o confirmou a propia responsable de Portos de Galicia, que anunciou o comezo dos trámites para contratar unha asistencia técnica pero que en ningún caso farían a dragaxe en todo 2020.

Otero acusou ao goberno galgo de encetar unha “nova campaña de publicidade” con unha intervención prioritaria para as embarcacións que utilizan o porto chico e que quedan en dique seco cando baixa a marea. Lembrou que no pasado verán “os socorristas de Barreiros tiveron que actuar desde a praia para socorrer a varios bañistas ante a imposibilidade de empregar a súa zodiac” debido á falta de calado do porto que impediu a súa saída.

Lembrou que o problema xa fora tratado nunha sesión no ano 2018, onde se aprobou a obra de dragaxe que debía realizarse de forma urxente. A día de hoxe a situación “segue sendo a mesma e a Xunta segue sen tomar medidas”. Reclamou que “non caia en meros anuncios da Xunta, como o segundo martelo do Porto de Burela, que ano tras ano anuncian partidas orzamentarias que despois non executan, as trasladan para o ano seguinte e a obra segue sen executarse.”.

Criticou que o goberno galego non se tome en serio esta actuación que está a reclamar a Asociación A Ribeira dende o ano 2015 en que detectaron a necesidade da intervención. Criticou ademais o incumprimento do mandato parlamentario a través dunha Proposición non de Lei pedíndolle á Xunta esta intervención e que fora aprobada por unanimidade na mesma Comisión hai apenas dous meses.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08