Categorías: ActualidadeUncategorized

A Xunta non executou nin un só euro dos 42,5 millóns do FCI entregados polo Estado no ano 2020, no peor da pandemia

Begoña Rodríguez Rumbo lamenta que “constatamos que a Xunta de Galicia prefire o pico máis que a pala” e denuncia a “falla de eficiencia e eficacia” na execución orzamentaria

A viceportavoz do Grupo Socialista Begoña Rodríguez Rumbo denunciou hoxe no Parlamento que a Xunta non executou “nin un só euro” dos 42,5 millóns de euros entregados polo Estado con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial no ano 2020, no peor da pandemia. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Economía de hoxe cos datos do último informe de fiscalización presentado polo Consello de Contas.

Explicou que no mesmo grupo de informes de fiscalización no que Contas revelou que a Xunta desviou a destino descoñecido un total de 159 millóns de euros de fondos covid recibidos en 2020 tamén alertan de que “deixaron sen executar na súa totalidade” as partidas do FCI. Dixo que estes informes “constatan que a Xunta de Galicia prefire o pico máis que a pala” e demostra unha alarmante “falla de eficiencia e de eficacia” ao executar fondos a favor dos galegos e das galegas.

Preguntoulle ao goberno galego se “consideran que no ano 2020, no peor da pandemia, non tiñamos ningunha por exemplo necesidade sanitaria, nin de melloras das infraestruturas hospitalarias, nin de centros de saúde absolutamente necesarias”. Criticou que onte mesmo o conselleiro de Sanidade sinalara que prefiren aplicar a cuarta dose da covid en vacinódromos que en centros de saúde porque moitos “non están habilitados”.

Advertiu ademais que o mesmo goberno que desdeña 42,5 millóns de euros inicialmente destinados a corrixir os desequilibrios económicos interterritoriais e a solidariedade, o mesmo que rebaixa o imposto de Patrimonio á minoría dos máis ricos do Estado, é o mesmo que “dende que goberna Pedro Sánchez leva intentando que cale a mensaxe do infrafinanciamento á nosa Comunidade Autónoma”.

Begoña Rodríguez Rumbo lembra que Galicia foi no exercicio 2020 e tamén no seguinte, o 2021, “a peor Comunidade Autónoma na execución do FCI”. Mentres o resto das comunidades autónomas executaban unha media dun 89 por cento do FCI, con varias delas gastando a totalidade das partidas -como Andalucía, Asturias, Valencia ou Castela A Mancha-, “Galicia executou 0 euros”, e no 2021 tan só executaron o 12,79 por cento dos fondos dispoñibles.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20