Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso esixe a Rueda que aumente nun 8,5% o complemento das pensións non contributivas , como fai o Estado, e que invista un 24% máis no reforzo da atención primaria

O secretario xeral do PSdeG destacou que os orzamentos do goberno de España son “os máis sociais da historia” e que “cumpren” coas grandes demandas de Galicia

Tamén lle pon “deberes” a Rueda para que aproveite o incremento das transferencias do Estado a Galicia en elevar nesa proporción as axudas ás persoas máis vulnerables

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiu hoxe a Rueda que aumente nun 8,5% o complemento das pensións non contributivas, como fai o Estado, e que invista un 24% máis no reforzo da atención primaria. Destacou que as contas anunciadas polo executivo de Pedro Sánchez son “as máis sociais da historia” e “cumpren” coas demandas de Galicia.

O líder dos socialistas galegos compareceu en Santiago de Compostela para valorar o acordo orzamentario do goberno de coalición e a achega dos mesmos á comunidade autónoma galega. Incidiu no aumento do gasto social dun 35,4% con respecto ás contas do goberno de Rajoy en 2018, “ámbito de especial relevancia para Galicia” no conxunto de España, destacando a suba dun 150% para dependencia ou un 60% para bolsas de estudo.

Das contas do Estado no seu conxunto, subliñou a suba o investimento en I+D+i nun 49% para construír “a economía do futuro” e dar así alternativas á mocidade para evitar a “fuga de cerebros”. Tamén centrouse no aumento dun 29,5% da partida para atención primaria, situación que contrapón con Galicia, cun sistema sanitario “colapsado” pola falta de medios, sinalou Formoso.

Con respecto ás transferencias directas do Estado, o representante socialista incidiu en que se garante o “compromiso do Estado con Galicia” no aumento dun 24% das mesmas, ata chegar aos 9.400 millóns de euros aportados polo goberno central á Xunta de Galicia. Ante estes ingresos extraordinarios que terá a administración galega, Formoso emprazou a aumentar o investimento en atención primaria na mesma porcentaxe, nun 24%.

A maiores de pedir este investimento extra na sanidade, o líder socialista tamén esixiu a Rueda aumente nu 8,5% o complemento ás pensións non contributivas, o mesmo que subiu o IPC, “como fará o goberno do Estado para os 814.000 pensionistas galegos”. Polo que o aumento dun 5% anunciado polo presidente da Xunta é insuficiente para Formoso, xa que “son as persoas que máis precisan eses cartos” para mitigar a suba dos prezos.

CUMPREN CON GALICIA

Con respecto ao peso de Galicia nos orzamentos, Valentín González Formoso resaltou que a comunidade vai a recibir 1.127 millóns de euros de investimento territorializado, un 8% do total das contas, que podería chegar ao 13,1% contando as fragatas da ría de Ferrol, representando o 5,7% da poboación e o 5,4% do PIB de España.

Trasladando o dato ao que se investiría por habitante, no conxunto de España o investimento é de 284 euros por habitante, mentres que por cada galego haberá 400 euros das contas do Estado reflectidos en Galicia.

Dous campos que subliñou especialmente Formoso da cobertura social do Estado son, en primeiro lugar, o mantemento da bonificación das peaxes e a gratuidade dos trens de media distancia e, en segundo lugar, que se atende con carácter estratéxico ás demandas en infraestruturas que ten a comunidade autónoma.

Do mesmo xeito, incidiu en que “como é lóxico” as contas “non son perfectas” e que os socialistas galegos rexistrarán emendas no Congreso dos Deputados para que “as necesidades de Galicia” no ámbito das infraestruturas queden “o mellor cubertas posible”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13