Categorías: Actualidade

A Xunta debe reforzar os recursos e persoal do Intecmar para axilizar as análises de toxina nos bancos marisqueiros

A parlamentaria socialista Noa Díaz reclamoulle hoxe ao goberno galego que habilite tódolos mecanismos e recursos necesarios para axilizar as análises de toxina nos bancos marisqueiros que realiza o Intecmar, dependente do goberno. Díaz presentou unha iniciativa en Comisión logo de que 1.500 familias do sector marisqueiro de Noia quedaran en terra polos retrasos nas análises do Intecmar, pero que foi rexeitada polo PP e polo BNG.

Sinalou que estes mariscadores perden días de traballo “que poderían ser hábiles se o procedemento fose máis áxil, se existira un protocolo que habilitara outras análises privadas que si realizan as confrarías en casos puntuais e ata que a Xunta non resolva a situación do Intecmar, ou ampliara a labor para poder ter datos útiles de maneira máis continua”.

A responsable socialista reclamou “recursos e vontade” para resolver unha situación “facilmente solucionable” que está prexudicando a centos de familias pola organización do traballo da Consellería do Mar.

Toda esta casuística, explicou, obrigou aos mariscadores a estar en terra dende o día 29 ata onte pola marea vermella malia ter analíticas propias que apuntaban á súa desaparición dende o luns. As analíticas propias apuntaban á desaparición da toxina, pero o Intecmar non fixo a primeira analítica ata o luns porque non traballan na fin de semana, e estiveron obrigados a agardar ata onte porque non poden saír ata que non hai dous negativos con 48 horas de diferenza.

Explicou que esta situación provocou mesmo que os mariscadores de Noia tiveran que destruír as capturas de marisco da Ría polo retraso nas análises por parte do Intecmar. Isto provocou que a confraría tivera que asumir o custe das perdas, polo que lle reclamou ao goberno galego que “a Xunta se faga responsable desas perdas materiais cando o dano é provocado polo procedemento do Intecmar”.

Díaz sinalou que “as mariscadoras e os mariscadores da ría de Noia non merecen, e máis este ano con menos marisco e a hostalería en épocas baixas, este abandono que sofren por parte do goberno galego”. Reclamoulle á Xunta que garanta que o Intecmar “funcione dunha maneira moi  distinta, con axilidade e dende logo consciente da afectación enorme que provoca nun sector que non está pasando polo seu mellor momento”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18