Categorías: Actualidade

Julio Torrado reclámalle á Xunta que estreme a seguridade no Centro de Investigacións Mariñas para evitar un terceiro roubo de berberecho experimental

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta que estreme as medidas de seguridade no Centro de Investigacións Mariñas –CIMA- de Vilanova, dependente da Consellería do Mar. Torrado levou a Comisión parlamentaria unha pregunta oral polo recente roubo de 5.300 exemplares de berberecho empregado na investigación para desenvolver resistencia ao parasito marteilia.

O responsable socialista amosou o seu “grao de sorpresa sobre o grao de control do produto”, que ten sido roubado ao remate do ciclo da investigación, “cando o produto é mellor para a súa recollida”. Advertiu que esta é a segunda ocasión na que o CIMA rexistra un roubo de berberecho empregado para investigación e tamén cando esta está a piques de rematar, producindo a perda de parte da investigación, que teñen que comezar de cero.

Torrado levou ao Parlamento a preocupación do sector, que “pregunta como pode ser que se perdan estes berberechos dúas veces”, polo que preguntou “ata onde chegan as medidas de seguridade, protección e control”. Sinalou ademais a relevancia desta liña específica de investigación fronte a un parasito que leva dez anos atacando os bancos de berberecho de practicamente tódalas rías galegas, sinaladamente nos Lombos do Ulla, en Arousa.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08