Categorías: Actualidade

A Xunta quita dos Orzamentos aos centros de saúde de Vilagarcía, O Grove e Caldas

Julio Torrado: “É lexítimo que existan opinións distintas sobre a necesidade de novos centros de saúde, pero é imprescindible non mentir”

  1. Sobre os posibles novos centros de saúde de Vilagarcía ou O Grove, como sobre o de Caldas, non hai ningunha partida ni mención en todos os orzamentos da Xunta de Galicia. Ningunha. Hai sobre outros centros de saúde, ben sexan novos, ben para rematar ou incluso partidas reservadas por se hai terreos (ex. Coruña) nun futuro próximo.

Soamente hai mención de reformar o actual centro de saúde en Vilagarcía, incluida na Memoria dos Orzamentos de Sanidade (p.31, que achegamos) pero nin sequera se cita unha cantidade, como a deputada Elena Suárez Sarmiento di. Para demostrar que esa información é certa, é imprescindible que aporte a documentación de onde figura esa partida, en que volume e páxina dos orzamentos se atopa.

  1. O centro de saúde de O Grove, como de outros, foi obxecto de debate nesta mesma semana no Parlamento de Galicia. O Partido Popular decidiu que a defensa da posición do PP non a fixera a señora Suárez Sarmiento, polo que o que afirma ter dito no Parlamento non se axusta á realidade.

  1. O debate sobre os orzamentos de sanidade permitiu falar sobre os centros de saúde, e nin o do Grove nin o de Vilagarcía foron asumidos polo propio Conselleiro de Sanidade, que si mencionou que existiría mellora do actual de San Roque, pero tampouco indicou cantidade. Esa é a posición do Partido Popular, expresada polo Conselleiro de Sanidade.

  1. A dispoñibilidade de terreos é unha escusa habitual do PP para evitar facer centros de saúde. En Caldas rexeitaron ata 6 terreos, incluso algún deles demorando 7 anos en responder. En Vilagarcía, a cidadanía non entende como pode existir un terreo de titularidade pública sen uso real hoxe en día, céntrico, ben comunicado e espacioso, que suporía un coste para as arcas dos veciños moito menor que outro terreo privado, e que non sirva para un centro de saúde. Se o Partido Popular prefire que as administracións gasten enormes cantidades de diñeiro en pagar a algún propietario privado en lugar de gastar menos, que o explique.

  1. Os Orzamentos da Xunta de Galicia, que non inclúen ningunha mención a novos centros de saúde na comarca, están aínda en trámite no Parlamento de Galicia. O grupo Socialista pode anunciar que presentará emendas para que sexan sinaladas partidas específicas para a redacción do proxecto para estes novos centros de saúde, ao mesmo nivel que se menciona a outros concellos. A votación que faga o Partido Popular sobre estas emendas específicas determinará se realmente ese compromiso é certo ou é un intento de atacar a gobernos municipais baseándose en mentiras sobre os orzamentos.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18