Categorías: Actualidade

A Xunta debe cumprir co seu compromiso e habilitar o Cuartel de San Fernando para albergar o Museo da Romanización de Lugo

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamoulle hoxe ao conselleiro de Cultura que cumpra co compromiso asumido polo goberno de Feijóo dende 2009 para habilitar o Cuartel de San Fernando como sede do Museo da Romanización. Burgo presentou unha pregunta oral no Parlamento na que presentou a demanda da Plataforma Cidadá constituída en defensa do Museo.

A responsable socialista acusou á Xunta de “manipular á cidadanía” para incumprir cunha promesa reiterada dende 2001, que mesmo supuxo o investimento dun anteproxecto de rehabilitación do inmoble histórico por valor de 200.000 euros. Alertou da decepción e descontento que está a sementar entre a cidadanía luguesa a actitude da Xunta, por canto “séntense enganados polo goberno autonómico e discriminados pola falla de compromiso e incumprimento” das súas obrigas.

Burgo advertiu que este descontento tornouse en “indignación social” logo de constatar o rexeitamento do goberno autonómico a intervir en San Fernando, que sería a sede óptima para albergar o Museo da Romanización, que “ten que ser tamén un Centro de Investigación, Conservación e Rehabilitación dos milleiros de pezas históricas que teñen “aparcadas en almacéns mesmo sen catalogar”.

Acusou tanto ao conselleiro coma ao delegado da Xunta en Lugo de “tomarnos o pelo” aos lugueses e luguesas ao intentar desprazar o Museo da Romanización ao Museo Interactivo da Historia de Lugo. Considera “inaceptable e unha falta de respecto que a Xunta intente xestionar unha infraestrutura como o MIHL, que non é da súa competencia, senón do Concello, e que ademais non reúne as condicións necesarias para albergar o Museo da Romanización.

Advertiu que “hoxe están a confirmar que non se pode confiar nas promesas da Xunta” e reclamoulle ao conselleiro que atenda á solicitude dun encontro coa Plataforma Cidadán en Defensa do Museo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08