Categorías: Actualidade

A Xunta abandona a VAP Costa Norte

O parlamentario socialista José Manuel Pérez Seco reclamoulle hoxe ao goberno galego que desbloquee a Vía de Altas Prestacións –VAP- Costa Norte, comprometida en 2001 e que tiña que estar en funcionamento entre 2015 e 2017. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que advertiu que a Xunta “non expropiou un metro nin executou un euro” en dez anos de goberno de Feijóo.

Pérez Seco denunciou que o goberno de Feijóo “nunca apostou” por unha vía de comunicación concibida para “vertebrar e mellorar a mobilidade e a competitividade dos veciños e veciñas da comarca de Ortegal e da Mariña luguesa”. Afeoulle á conselleira de Infraestruturas que teña incluído a obra no Plan Move 2009-2015 para deixalo “soamente nunha boa intención de publicidade e propaganda”.

Lembrou que a VAP Costa Norte, concibida polo goberno de Fraga e con Cuíña como conselleiro para conectar Ferrol e Foz con infraestruturas en condicións adecuadas, só tivo reflexo real no DOG co goberno presidido por Emilio Pérez Touriño. Aquel Executivo licitou, lembrou, os dous únicos dous tramos hoxe en servizo, que son a circunvalación de Ortigueira e o tramo Xove – Celeiro.

A partires daquela, coa chegada de Feijóo ao goberno galego aquela infraestrutura, esencial para conectar máis de 300.000 persoas, así como as mercadorías e o tecido produtivo asentado no Norte de Galicia, foi “esquecida”. Esixiulle ao goberno galego a cumprir coa planificación prevista, que inclúe 67,3 quilómetros de estrada cun orzamento de 322 millóns de euros que tiñan que estar en marcha dende hai dous anos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18