Categorías: Actualidade

A situación precaria da sanidade pública, na sesión de control ao presidente da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, preguntaralle ao presidente da Xunta pola precaria situación da sanidade pública galega na sesión de control do próximo Pleno. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces, que fixou a orde do día da sesión da próxima semana, que comezará o luns co debate de totalidade dos Orzamentos e continuará o martes coa sesión ordinaria.

O portavoz socialista centrarán a sesión de control na política de dotación de servizos e equipamentos sanitarios e a difícil situación á que os ten levado os recortes aplicados polo goberno galego.

Leiceaga sinalou á folga do persoal dos Puntos de Atención Continuada nos meses de outubro e novembro. Advertiu que “a protesta non está dirixida a unha demanda de incremento salarial, senón ao aumento da dotación de recursos materiais e humanos e a unha mellor organización para garantir a cobertura total do servizo.

Os socialistas presentarán unha proposición non de Lei sobre a situación da atención primaria, a “porta de entrada” ao sistema sanitario, que contribúe a “eliminar estrés” no resto do sistema, unha evidencia que obvia o goberno de Feijóo. Advertiu que tan só poden aspirar a un contrato estable o 15 por cento dos profesionais formados no sistema sanitario galego dende que goberna Feijóo, o mesmo que mantén as infraestruturas de centros de saúde “baixo mínimos”.

Sinalou tamén á situación da atención pediátrica de Galicia, sinaladamente logo da “marcha atrás” do goberno galego na súa proposta de crear servizos pediátricos de área, e reivindicou unha maior accesibilidade deste servizo nos centros de saúde.

Os socialistas completarán esta iniciativa cunha pregunta oral para reclamarlle ao goberno galego a posta en marcha do servizo de Hemodinámica as 24 horas durante os sete días da semana, evitando desprazamentos que poñen en risco a supervivencia os afectados nesta doenza, na que o tempo de resposta é fundamental.

Violencia de Xénero

Fernández Leiceaga explicou que o Grupo Socialista presentará unha proposición non de Lei para fixar a atención na situación “silenciosa e grave” de violencia de xénero nas persoas de máis de 65 anos, que supoñen apenas o 1,4 por cento das denuncias pero o 14 por cento dos asasinados. Reclamou “comprometer a quen lles pode ofrecer apoio e atención ás persoas maiores vítimas desta situación e facer emerxer o problema”.

Falou así dun “sufrimento dende o silencio” derivado das “dificultades sociais, o illamento, a falla de apoio ou a dependencia económica”, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o próximo 25 de novembro. Os socialistas preguntaranlle tamén á Xunta polas as accións tomadas cos 8 millóns de euros que recibiu do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero relativos ás políticas de prevención da violencia de xénero no rural.

Finalmente, incluirán unha interpelación para reclamarlle á Xunta que modifique a Lei do Solo de 2016 para afastar ás plantas de xestión e tratamento de residuos dos núcleos habitados, modificando ademais a disposición do Plan de Xestión de Residuos Industriais 2016-2020 que abre a posibilidade á instalación das plantas. Advertiu que esta situación afecta hoxe aos veciños de Teo polo proxecto de Casalonga, pero cumpre “xeneralizar unha solución para toda Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24