Categorías: Actualidade

Un ano de retraso para desenvolver a Lei de Accesibilidade de Galicia

A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, acusou hoxe ao goberno galego de acumular practicamente un ano de retraso na aprobación do Regulamento para a aplicación da Lei de Accesibilidade de Galicia. No debate dunha pregunta oral en Comisión, lembrou que aquela Lei, aprobada en decembro de 2014, carece a día de hoxe do desenvolvemento regulamentario que habilite a súa aplicación.

Pierres sinala que o Real Decreto Lexislativo 1/2013 fixa o 4 de decembro de 2017 como límite máximo para desenvolver as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación. Esa data ten pasado hai preto dun ano, explica, sen que a Xunta fixera nada, e mesmo o pasado 17 de novembro de 2017 fora aprobada por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista fixando unha nova data en xuño de 2018.

O primeiro semestre de 2018 tamén pasou, explica a parlamentaria socialista, hai case cinco meses e, e o goberno galego tan só foi quen de presentar hoxe un “tímido farase nas vindeiras datas”. Acusou á Xunta de facer caso omiso da Lei de Accesibilidade, do Real Decreto do goberno central fixando obxectivos e prazos, das iniciativas unánimes aprobadas no Parlamento e ata do informe específico da Valedora do Pobo que en 2017 puña o acento sobre esta situación.

A responsable socialista apunta que a escasa vontade do goberno galego fai que unha lei con case 4 anos de vida “segue sen dar unha resposta eficaz á normalización necesaria das condicións de vida de moitas galegas e galegos”. A falla de adaptación das edificacións, incluídas de carácter público, “segue a ser un problema co que nos atopamos tódolos días”, o que “alimenta e acrecenta a desigualdade para cos colectivos con algún tipo de discapacidade”.

A día de hoxe tan só o Código Técnico da Edificación inclúe requisitos limitados “basicamente a resolver a accesibilidade para usuarios con discapacidades motoras, pero esquece de modo alarmante as particularidades das discapacidades visuais, auditivas ou incluso outras como autismos”. Sinala que “a accesibilidade universal non pode ser considerada un privilexio, senón que é un dereito”.

Lamenta que neste momento “tan só a boa vontade e implicación dos e das técnicas redactores, co apoio dos promotores e promotoras, e contando co imprescindible consello de colectivos sociais, pode dar lugar a edificacións exemplares neste sentido”.

Puxo como exemplo casos de falla de adaptación en inmobles fundamentais como o Hospital Universitario de Santiago, o Hospital Gil Casares ou a clínica Domínguez en Pontevedra, hoxe Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez, con serias carencias todas elas que merecen de actuacións urxentes.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04