Categorías: Actualidade

A Lei de Augas termais, unha “trapallada” que presenta a Xunta sen os informes obrigados nin a participación do sector

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao goberno galego de facer unha “trapallada” ao presentar a Lei de Augas Termais sen os informes preceptivos nin a participación do sector implicado. Os socialistas presentaron unha emenda de devolución á toma en consideración da Lei, que foi rexeitada polo PP, polo que o texto comezou o trámite parlamentario.

Criticou que o goberno galego impón unha “visión reducionista e estreita do sector”, que trata ás augas termais obviando a participación do sector turístico e eludindo a súa dimensión hidrolóxica, o marco da saúde e o benestar ou o seu papel no impulso do medio rural. Puntualizou neste sentido que a normativa “non define os parámetros para garantir a calidade das augas nin os medios de control”, ademais de incluír unha “discutible regulación sobre as concesións.

Sinalou que o texto renuncia a tratar ao termalismo como un sector estratéxico e non garante o principio básico de considerar toda a auga como un ben de carácter público. Neste sentido, Rodríguez Rumbo urxiu a comezar polo cambio normativo do réxime xeral de augas para declaralas todas elas como de titularidade pública.

Advertiu que a Lei é innecesaria por canto “é máis recomendable a modificación da Lei 5/1995” que xa regula as augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios de Galicia. Reiterou a necesidade de que se consideren “bens de titularidade pública”, que se regulen “conforme á regulamentación de augas, tendo en conta tódolos sectores implicados e unificando criterios para garantir seguridade xurídica”.

Rodríguez Rumbo advertiu que a importancia do sector do termalismo en Galicia obriga a construír unha normativa acaída e eficaz para unha Comunidade Autónoma que conta con 121 balnearios e 3 talassos, nun sector que conta con máis de 3.000 prazas hoteleiras que son utilizadas por preto de 150.000 usuarios cada ano, e que da traballo directo a en torno a 800 persoas.

Irregularidades normativas

Rodríguez Rumbo criticou ademais as numerosas irregularidades provocadas polo goberno galego na tramitación desta Lei, que inclúen a exposición pública do anteproxecto por dúas ocasións, en 2017 e en 2018, ademais da falla de informes preceptivos para presentar o texto.

A propia Asesoría Xurídica da Xunta alerta de que non consta o informe da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, por moito que a Xunta presentara 2 memorias económicas diferentes en febreiro e xullo de 2019 para dicir que a Lei non produciría incremento de gasto público e o segundo que si o habería.

Tampouco presentaron, sinalou, co informe do Comité Executivo de Desenvolvemento Mineiro ou co informe preceptivo do Consello Económico e Social nin do departamento de Turismo da Xunta de Galicia.

Finalmente, criticou a falla de participación da Xunta Asesora de Augas Minerais, Termais e Establecementos Balnearios de Galicia, creada conforme á Lei de 1995, pero que “nin informa nin asesora”. Tamén acusou ao goberno galego de omitir a participación do Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia, creado en 2011, ademais de obviar aos concellos termais de Galicia, aínda que “curiosamente si que teñen en conta ás vilas polas que pasa o Camiño de Santiago”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02