Categorías: Actualidade

A Xunta nega a axuda a Corcubión para cumprir coa obriga de presentar o Plan Especial de Protección en prazo

O Grupo Socialista apoiará ao Concello de Corcubión na súa petición para que a Xunta os axude na adaptación e revisión en prazo do Plan Especial de protección do conxunto histórico. O portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, comprometeuse hoxe en Santiago co alcalde, Manuel Insua, a iniciar unha ofensiva parlamentaria para poñer de relevo o problema do Concello.

Os socialistas galegos consideran “incomprensible” a negativa do Goberno galego a realizar un investimento de 100.000 euros que resolverían esta situación, unha pequena contía que resulta excesiva para un Concello de apenas 1.600 habitantes, que ten un orzamento de 1,3 millóns, dos que 770.000 son tan só para pagos de persoal.

Fernández Leiceaga participou neste encontro, xunto coa portavoz de Urbanismo, María Pierres, e a deputada socialista da Costa da Morte, Loli Toja, para analizar o problema da adaptación á revisión do Plan Especial de protección do conxunto histórico. Esta obriga, fixada pola Lei 5/16 do Patrimonio Cultural de Galicia, tan só afecta aos concellos con Plans Especiais de Protección anteriores á Lei 8/95.

Esta situación deriva da elaboración do Plan Especial do Casco Histórico en 1985, co que “non axudarlle para levar a cabo o plan sería penalizarlle a unha administración que se anticipou a levar adiante unha iniciativa pioneira en Galicia”.

A escasa marxe económica e a urxencia da adaptación á Lei actual do Plan Especial de Protección do conxunto histórico levou ao alcalde a manter dúas reunións coa secretaria xeral de Urbanismo, en xaneiro e outubro, para pedirlle apoio económico do goberno galego. A súa negativa aboca ao incumprimento do prazo para actualizar, fixado en agosto de 2018, con implicacións negativas para todo o Concello.

O Grupo Socialista presentará unha serie de iniciativas parlamentarias en Pleno e Comisión parlamentaria “co fin de comprender a falla de implicación da Xunta nun problema que afecta exclusivamente aos concellos de Corcubión e Betanzos”.

Sinalan que o concello foi “modélico” nas intervencións que dende a ARI ven facendo nos últimos anos pero, sinalan, a perda dos beneficios da existencia deste Plan Especial, así como no axeitado funcionamento da Área de Rehabilitación Integral “pode supor un freo e parálise da actividade rehabilitadora e de mellora das condicións de vida dos veciños e veciñas”.

Lembran que a Oficina de rehabilitación canalizou axudas para 61 veciños e veciñas nos últimos anos , con subvencións de preto de 465.000€ durante os 7 anos que leva en marcha.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24