Categorías: Actualidade

A Xunta modifica 20 leis dunha tacada e converte ao Parlamento nunha “xanela administrativa”

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, acusou hoxe ao goberno galego de converter ao Parlamento “nunha xanela administrativa” ao abusar da Lei de Acompañamento aos Orzamentos para modificar ata 70 leis non orzamentarias dende 2010. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para poñer freo a este recurso, que foi vetada polo PP.

O responsable socialista reclamou frear cun “trágala que furta a participación da cidadanía no trámite lexislativo” e que “vulnera a potestade lexislativa da Cámara cunha técnica irrespectuosa que furta o debate parlamentario”, vai contra a transparencia e elude os informes preceptivos. Así o constata a xurisprudencia do Tribunal Constitucional, que alerta da vulneración do dereito efectivo á participación política do Parlamento.

Díaz Villoslada apuntou que esta Lei serviulles para modificar este ano ata 20 leis que nada teñen que ver coas cuestións fiscais, 12 delas promovidas previamente polo goberno de Feijóo, e catro específicas sobre a prevención e extinción de incendios forestais. Apuntou que modifican dunha tacada a regulación sobre emprego público, solo, pesca, ordenación farmacéutica ou xuventude, citando algunhas das leis afectadas.

O responsable socialista ironizou co feito de que “con estas leis vasoira chegaría con que lexislaran unha vez ao ano, presentando no trámite orzamentario toda a produción lexislativa acumulada, superamos o debate e xa está”.

Sinalou a querenza dos gobernos do PP por estas prácticas que “reducen dunha forma substancial a calidade da nosa democracia”, e apuntou que os gobernos de Fraga utilizaron este mecanismo en 7 ocasións durante 15 anos, mentres Feijóo xa as utilizou 6 veces en só 8. O presidente socialista da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, nunca recorreu a esta Lei de Acompañamento.

Proposta

Os socialistas galegos propuxeron hoxe que a Xunta regulara o ámbito material das leis de acompañamento na propia Lei de Transparencia e Bo Goberno. Díaz Villoslada propuxo circunscribir estas normas “unicamente a aquelas materias de carácter fiscal, financeiro ou económico que teñan relación directa coa Lei de Orzamentos”, pero o PP decidiu votar en contra desta proposta.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08