Categorías: Actualidade

Xunta e goberno local converten á Coruña “nunha mesa de pimpón”

O parlamentario socialista Juan Díaz Villoslada criticou hoxe a “falla de capacidade de diálogo institucional” amosadas pola Xunta e o goberno local de A Coruña, que teñen provocado un grave retraso no proxecto da Estación Intermodal, que non comezará a lo menos ata 2022. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que acusou aos dous executivos de ter feito da cidade “unha mesa de pimpón”.

O responsable socialista advertiu que logo dos cambios urbanísticos, os retrasos nos proxectos dos accesos e a falla de orzamento, o AVE “vai chegar a Galicia conforme aos prazos no ano 2020 polo compromiso do goberno de España, e vai entrar na Coruña sen integración coa estación de autobuses, que é competencia do goberno autonómico”.

Díaz Villoslada sinalou a “evidencia empírica de que coa Coruña non teñen os mesmos compromisos que con outras cidades”, cando os orzamentos de 2018 destinan á estacións intermodal de Santiago 13,4 millóns, 7,8 á de Vigo, 3 a Ourense e 1,6 a Pontevedra. Mentres, o proxecto de A Coruña ten “unicamente 150.000 euros consignados”, mentres o PP rexeitou no último debate de Orzamentos unha emenda socialista pedindo 3 millóns de euros.

O parlamentario socialista relatou a “folla de servizos” do goberno de Feijóo coa cidade, que pasa por facer “nada” pola Autoridade Metropolitana de Transporte, ao igual que co Consorcio de Ordenación Portuaria, “tachado de posible chiringuito”, o Centro de Saúde de Falperra ou a falla da conexión da Vía Ártabra coa A6. Sinalou que “incluso non fixeron nada sobre Alcoa logo de 7 anos de goberno de Rajoy e 10 de Feijóo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06