Categorías: Actualidade

Veto do PP ás comparecencias na Comisión de Investigación da Sanidade

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou hoxe ao presidente da Xunta a “rectificar” no seu veto ás propostas da oposición para a lista de comparecentes na Comisión de Investigación sobre a Sanidade, o falecemento dun paciente na Estrada e os recortes en medicamentos para hepatite C. Así o dixo na sesión de control ao presidente, que centrou na situación crítica da sanidade pública.

Lamentou a “alerxia” do PP e do goberno galego a unha Comisión de Investigación concibida para “saber o que está ocorrendo na sanidade”, e puntualizou que “non é problema o número de comparecentes nin o equilibro, o que pasa é que non queren que veñan os que propoñemos”. Apelou así á intención do PP de “escoller” comparecentes dentro da proposta da oposición, “coma se nun xuízo a defensa decidira quen vai testificar pola acusación”, sinalou graficamente.

O responsable socialista sinalou así ao veto por parte do PP a admitir a comparecencia dos familiares do falecido na Estrada, ao médico que segundo a versión oficial da Xunta tiña que estar aquel día no PAC ou da responsable da Eoxi de Santiago e responsable da organización das quendas, Eloína Núñez, ou o representante da concesionaria do Hospital de Vigo, que recibe un canon anual de 70 millóns de euros mentres o PP asegura que é un centro “público”.

Instou ao presidente da Xunta a dar a orde ao Grupo Parlamentario para levantar o veto que lle ten imposto á oposición coa escusa dun excesivo número de comparecentes –a oposición presentou unha proposta reducida unánime de 44 comparecentes, que cos 26 do PP suman 70, os mesmos que na Comisión sobre os incendios forestais-, e permitir o regreso da oposición ao órgano na sesión de mañá xoves.

Mentiras

Diante da negativa do presidente do Parlamento, que impediu intervir ao portavoz socialista para desmentir ao presidente da Xunta, foi o portavoz de Sanidade, Julio Torrado, quen subliñou a afirmación de Feijóo, que dixo que “as propostas da oposición as escolle a oposición”. Advertiu que estas palabras son “rotundamente mentira” e lembrou que o plan de traballo aprobado inclúe unicamente aos comparecentes propostos polo PP.

Torrado sinalou que “o único que ten que facer o presidente é cumprir coa súa mesma afirmación” xa que, puntualizou, a opción alternativa pero “inaceptable” é que “as propostas da oposición as escolle o PP”. Advertiu que “non vaia ser que estean tapando a alguén, probablemente porque Feijóo mentiu tamén cando dixo cousas como as que dixo sobre o PAC da Estrada” cando asegurou que había un médico asignado que se equivocara de centro na súa quenda, e ao que agora impiden comparecer.

Previamente, Fernández Leiceaga reclamoulle ao presidente da Xunta que permita “saber o que pasa” na sanidade, e coñecer os motivos do “malestar” amosado polos profesionais da saúde pública galega, con folga nos PACs, protestas en Urxencias do Hospital de Santiago, no Hospital de Vigo, a folga convocada polo sindicato Omega ou protestas no 061 e nas ambulancias.

Esta situación deriva, explicou, de que “a sanidade non é prioridade para o goberno galego”, e por iso o seu orzamento sitúase por debaixo do incremento do orzamento xeral, mesmo con caídas de ata o 5 por cento en investigación sanitaria. Advertiu que isto sucede mentres o goberno galego se permite “desprezar” os case 100 millóns de euros adicionais para a sanidade que reclamaban os socialistas nas emendas aos orzamentos para o ano 2019.

Atención primaria

O portavoz socialista responsabilizou ao goberno galego da “desaparición” da Atención Primaria como estrutura autónoma, o que supuxo que perdera 190 millóns de orzamento e 1.250 profesionais entre 2009 e 2019, pasando de 9.610 prazas a 8.361, incluíndo a perda de 58 profesionais nas previsións para o próximo ano.

Mentres, as Fundacións de Investigación Sanitaria “funcionan como máquinas de fabricación de precariedade”, asumindo aos MIR contratados “a metade de prezo cando remata a súa formación”. Ao mesmo tempo, dixo, o déficit asistencial na área de Vigo “agudízase” mentres os galegos teñen que pagar 20 millóns de euros anuais por un canon á empresa privada que construíu o centro e que suporían 500 profesionais adicionais para a área sanitaria.

Fernández Leiceaga reclamoulle ao presidente da Xunta “ser ambiciosos” para crear 10.000 prazas na sanidade pública en catro anos, o mínimo imprescindible para compensar as xubilacións, crear 2.000 prazas para atender ás necesidades obxectivas da poboación e reducir o número de contratos precarios dos 7.000 actuais a só 1.000.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06