Categorías: Actualidade

Veto a unha proposta para restarurar o transporte adaptado para dependentes

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, criticou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei do Grupo Socialista presentada no Pleno do Parlamento para restaurar o transporte adaptado 065 para dependentes. A responsable socialista acusou ao goberno galego de buscar “independizarse dos dependentes” para preparar a privatización dos servizos.

A responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de ter “reducido a cascallos” un servizo público “pioneiro en España” trasladando o problema “ás persoas dependentes e con discapacidade e ás súas familias nun tremendo exercicio de irresponsabilidade”. Denunciou o “cinismo” do PP que logo da chegada do goberno socialista “pasou a simular preocupación en diferido pola dependencia” que antes desmantelou.

Sinalou o “continuo degradamento da calidade” do servizo dende a chegada de Feijóo á Xunta, mentres os beneficiarios denunciaban que non podían asistir a citas médicas por fallos no transporte, denegación do servizo por falla de vehículos, servizos incompletos, falla de resposta ás solicitudes ou retrasos de máis de dúas horas nas recollidas.

Denunciou unha estratexia de “supresión paulatina do servizo” que provocou “incertidume nos usuarios e caos nos servizos sanitarios e sociais do país” na estratexia de “primeiro degradar os servizos públicos para despois dicir que hai que facelo máis eficiente privatizándoo”.

Sinalou así ao decreto da que fora conselleira de Benestar en 2014, Beatriz Mato, incrementando o grao de discapacidade mínimo para acceder ao servizo dun 65 a un 75 por cento ou deixando a criterio da Xunta fixar un máximo de uso, pasando ademais a computar un viaxe de ida e volta como dous servizos. Eliminou tamén a obriga de contar con monitor acompañante e suprimindo os prazos para anular servizos.

Ademais establece un tope de dez viaxes ao mes e desvía o problema ás organizacións de discapacidade, que foi sobre quen recaeu a responsabilidade de asumir un servizo competencia do goberno galego. Con estes antecedentes, o Valedor alerta en 2015 da situación deste servizo e lle reclama á Consellería “a necesidade de non utilizar a organización para xustificar reducións que non se deducían da nova normativa”.

Atención temperá

Blanco advertiu hoxe ademais que o goberno galego ten situado a Galicia na última posición en atención temperá a nenos e nenas de 0 a 6 anos, dedicándolles 14 euros ao ano polos 58 que inviste Andalucía, a primeira Comunidade Autónoma da lista.

Os dependentes e estes nenos e nenas, dixo, son as vítimas colaterais da drástica redución das transferencias do goberno de Rajoy ás comunidades autónomas, que deixou de enviar 4.600 millóns de euros entre 2012 e 2017, ao reducir 2.700 millóns de euros en transferencias e 1.900 millóns de euros pola supresión das cotizacións dos coidadores á Seguridade Social.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08