Categorías: Actualidade

Veto á nosa proposta para desbloquear a convocatoria do programa de axudas á formación posdoutoral

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Noa Díaz, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para desbloquear a convocatoria do programa de axudas á formación posdoutoral. Estas axudas financian dous anos de estadía en universidades europeas, un nun centro galego e outros dous en Galicia xa para desenvolver liñas de I+D+i propias.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de provocar unha “xeración perdida” de investigadores galegos que se ven abocados a buscar traballo fóra de Galicia polo desleixo do goberno galego. Criticou que a Xunta intente “cadrar as contas co recorte nestas liñas de acción, prioritarias para o futuro do noso país”, e que supoñen aproximadamente 9 millóns de euros anuais para máis de medio cento de investigadores.

Estas axudas e constitúen “unha moi boa opción para aquel persoal investigador que desexa seguir unha vía investigadora ligada ás universidades públicas galegas”.

As axudas, explicou Díaz, deberan terse convocado entre xuño e xullo, máis a deste ano non se realizou cun argumento, a pandemia, que “non se sostén” por canto si que foron convocadas, por exemplo, as axudas posdoutorais Marie – Curie da Comisión Europea, que implican obrigatoriamente mobilidade entre distintos países. Ademais, a propia Secretaría Xeral de Universidades ditou en xullo unha instrución para prorrogar as convocatorias anteriores aínda en curso.

Noa Díaz sinala que o goberno galego está a truncar as carreiras dos investigadores que queren continuar coa súa formación en distintos centros internacionais, así como a dos que optarían a ampliar a súa formación en Galicia. Isto suporía “unha importante eiva” non só na propia carreira investigadora das persoas afectadas senón tamén “unha merma de potencial investigador para o noso País, o que sen dúbida redundará negativamente no noso I+D+i”,

Fuga de cerebros

A parlamentaria socialista advirte de que “romper a regularidade das convocatorias de axudas desprestixia á institución que as convoca, e fai que os contratos perdan atractivo para o persoal investigador”. A falla de continuidade, sinala, “penaliza non só ás carreiras profesionais e ás súas liñas de investigación, senón tamén ás propias institucións”, que ven “resignadas” como o persoal que formaron marcha a traballar fora, nunha “fuga de cerebros instigada pola Xunta de Galicia”.

Reclámalle á Xunta que “poña fin a esta situación de inestabilidade do noso potencial investigador, porque o peor é a falta de comunicación e de transparencia”. Apunta que “toas as persoas afectadas levan meses agardando por unha resposta que a mediados de outubro aínda non chegou” e esixiulle á Xunta que “lles diga se vai ou non haber convocatoria este ano”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13