Categorías: Actualidade

Valentín González Formoso reclámalle á Xunta unha saída dialogada ao conflito da mexilla, “creado pola falla de consenso da Consellería do Mar”

O secretario xeral do PSdeG responsabiliza á Consellería de “crear un problema onde non o había por tomar decisións de costas aos sectores implicados sen diálogo nin consenso previo”

Mantivo un encontro en Arousa co sector mexilloeiro e os alcaldes da zona previo ao encontro coas confrarías implicadas a próxima semana

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe á Xunta que lle dea unha saída dialogada ao conflito da mexilla, “creado pola falla de consenso da Consellería do Mar”. O responsable socialista mantivo hoxe un encontro en Arousa cos representantes do sector mexilloeiro e os alcaldes da comarca, previo ao encontro, a próxima semana, coas confrarías implicadas.

González Formoso responsabilizou do conflito á Consellería do Mar por “tomar decisións ás costas dos sectores implicados sen diálogo nin consenso previo”, provocando unha confrontación onde “nunca houbera ningún tipo de conflito”. Lembra que ata agora “sempre conviviron perfectamente a necesidade de extracción da mexilla coa extracción do percebe”, ata o momento en que a Consellería decidiu actuar, enfrontando dous sectores “estratéxicos”.

O líder dos socialistas galegos reclamoulle á Consellería do Mar que “sente ás partes” implicadas para “resolver un conflito xerado pola súa torpeza”. Salientou o “ton construtivo” dos representantes dos bateeiros, cunha “actitude moi positiva, propositiva, con disposición a sentarse a dialogar e resolver o problema”, e saudou a “flexibilidade” que amosan e a súa proposta de convocar unha mesa a tres bandas.

Advertiu que o sector está “absolutamente preocupado” polo feito de que “chega a tempada de reposición da mexilla e non van ter posibilidade de acceder a ela, cando necesitan de semente para despois recoller o froito”.

González Formoso mantivo este encontro ao que asistiron a Organización de Produtores de Mexillón de Galicia –Opmega-, a Federación de Mexilloeiros de Arousa Norte, Amegrove e APM Illa de Arousa.

Tamén participaron os portavoces de Pesca e Marisqueo do Grupo Socialista no Parlamento, Patricia Otero e Julio Torrado, e os alcaldes de Vilagarcía –Alberto Varela-, A Illa –Carlos Iglesias-, Cambados –Samuel Lago-, O Grove –Jose Cacabelos-, e o coordinador comarcal do PSdeG no Barbanza, Miguel Paz.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00