Categorías: Actualidade

Transferencia da AP-9

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, apelou a un “respaldo amplo” no Congreso dos Deputados no debate, mañá martes, da toma en consideración da proposición de Lei para a transferencia da AP-9 a Galicia. Dixo que se trata da “solución máis razoable” a esta petición, desbloqueada polo goberno de Pedro Sánchez logo de que o PP e Ciudadanos a vetaran o debate a petición do goberno de Rajoy.

O responsable socialista saudou que o PP queira agora “sacar peito” desta petición, cunha postura “máis acaída, fronte ao neocentralismo de Vox” e logo das declaracións de Pablo Casado, que hai semanas apuntaba a súa oposición a novas transferencias ás autonomías. Lembrou que o debate foi posible despois das manobras dilatorias do PP con “argumentos non sustentables” e “descabellados” do goberno de Rajoy avalados pola Mesa do Congreso que preside Ana Pastor.

Lembrou que a petición nace precisamente da ampliación da concesión ata 2048 que asinou o goberno de Aznar, con Álvarez Cascos como ministro de Fomento e cando Feijóo era conselleiro de Obras Públicas en Galicia. Do contrario, lembrou, “hoxe estariamos discutindo algo moi diferente, como o regreso da infraestrutura ao sector público polo remate da súa concesión”.

Foi precisamente o goberno de Emilio Pérez Touriño, en 2005, o primeiro que incorporou a transferencia da autoestrada dentro dun paquete de peticións á Comisión Mixta de Transferencias, foi esquecido coa chegada de Feijóo á Xunta e recuperada pola petición do Parlamento. A Cámara autonómica tivo que presentar a solicitude ata en tres ocasións, con tres proposicións de Lei –a que se debate mañá e dúas máis- que Leiceaga solicitou que se incorporen ao debate.

O portavoz socialista acompañará mañá no Congreso á delegación do Parlamento de Galicia que intervirá no debate, e na que os socialistas galegos estarán representados polo portavoz de Infraestruturas, Luis Álvarez, o encargado de tomar a palabra na tribuna de oradores.

Comisión Mixta

A partir do debate de mañá, de ser aprobada a iniciativa, comezará un trámite parlamentario que o portavoz socialista agarda que remate ao longo de 2019 co traslado da discusión á Comisión Mixta de Transferencias, a encargada de tratar as condicións do paso desta infraestrutura á titularidade do goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18