Categorías: Actualidade

Spa de Viñoterapia de San Clodio: 1,2 millóns para abrir dous meses

A deputada socialista Noela Blanco presentou unha serie de preguntas parlamentarias polo peche da nave acondicionada como Spa de Viñoterapia no Mosteiro de San Clodio tan só dous meses despois da súa apertura e logo de que o goberno galego investira 1,2 millóns de euros para a súa preparación.

A responsable socialista lembra que o inmoble foi cedido polo goberno galego á explotación privada á empresa Hotel San Clodio no pasado mes de xullo e mediante concesión por un prazo de 6 anos cun canon anual de 3.600 euros. Blanco advirte que “a pesares de que as instalacións se puxeron en marcha de maneira oficial no mes de agosto, o Grupo Socialista tivo coñecemento de que leva pechado ao público dende hai máis de dous meses”.

A parlamentaria ourensá leva ao Parlamento o cartel de peche “por melloras nas instalacións” que figura na porta do inmoble para preguntarlle ao goberno galego polos motivos reais do peche, así como das supostas melloras nas instalacións que anuncia.

Sinala que a nave acondicionada conta cunha superficie útil de case 500 metros cadrados divididos en dúas plantas, con sauna, baño turco, ducha de contraste, salas de masaxes, vestiarios, ascensor e unha piscina de 56 metros cadrados.

O establecemento goza dun entorno inmellorable, explica, integrado no Mosteiro de San Clodio, declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1931. Datado no ano 928, na súa orixe foi rexido polos monxes negros da orde de San Benito, ata 1.225, cando pasaría a mans cisterciense, e novamente beneditino dende finais do século XIX.

Ademais, a Igrexa, de estilo gótico, conta cunha fachada barroca, ademais de diversas reliquias e pezas artísticas sinaladas, como a cruz de Caravaca, coñecida como “Divina Reliquia” e venerada polos aldeáns para librar ás vides da saraiba.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13