Categorías: Actualidade

Silvia Longueira esíxelle á Xunta que cumpra coa Carta Europea das Linguas e deixe de provocar o retroceso do galego

Acusa ao goberno galego de encargar unha enquisa “ad hoc” sobre o galego que é “inverosímil” para “blindar a súa decisión” de continuar sen afrontar “o problema que vostedes crearon”

 

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Silvia Longueira, esixiulle hoxe ao goberno galego que cumpra coa Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e deixen de aplicar “políticas regresivas” contra o galego. Longueira presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento para reclamarlle ao conselleiro de Cultura que deixen de atacar á lingua provocando o seu retroceso en ámbitos como o ensino.

 

A responsable socialista acusou ao goberno galego de incumprir co tratado, que España ratificou en 2001, e que blinda o recoñecemento e promoción do galego, o éuscaro e o catalán, o seu uso na vida pública e oficial, e garante o dereito a aprender e usar a lingua.

 

Afeoulle ao conselleiro que convocara precisamente hoxe en Santiago as comisións de renovación do Plan xeral de normalización da lingua, o mesmo día que se debate a interpelación e xusto despois de ter encargado unha enquisa “ad hoc” para desmentir os resultados do propio IGE e lexitimar a súa posición. Unha posición, dixo, que por un lado vende conversas por un suposto novo pacto pola lingua ao tempo que avanzan na súa xestión en contra do galego.

 

Aludiu así á decisión do PP de rexeitar en Bruxelas a proposta de nomear ao galego como lingua cooficial por segunda vez, desatenden as peticións das entidades que traballan no ámbito da tradución, o ensino e a defensa do galego. Denunciou que teñan presentado unha Lei de Audiovisual no que deixan o uso do galego na CRTVG “ao albur” de que decidan empregalo “ou non”, e convocan unha praza na televisión pública que “pode ser feita en castelán”.

 

Enquisa inverosímil

 

Silvia Longueira criticou que o goberno galego encargara a unha empresa privada e por 17.545 euros -un contrato menor que permite a contratación directa- unha enquisa para replicarlle á sondaxe oficial do Instituto Galego de Estatística, que revelou que o uso do galego foi superado por primeira vez polo castelán en Galicia.

 

A responsable socialista subliñou que “non hai unha sola asociación que lle outorgue visos de realidade” a esta enquisa contratada “para blindar a súa decisión” de continuar na liña do PP de “promover políticas recentralizadoras que limitan o uso oficial das linguas distintas do castelán”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Nicolás González Casares acusa a Rueda de incumprir co seu comrpomiso de convocar aos representantes galegos nas súas visitas a Bruxelas

O eurodeputado socialista galego sinala que “Galicia precisa dun presidente que una ás forzas políticas…

02/07/2025
  • Actualidade

Paloma Castro esíxelle á Xunta que poña en marcha o novo sistema de xestión da xustiza en lingua galega “dende o día 1”

lembra que o PP nunca implantou o galego no anterior sistema nos seus preto de…

02/07/2025
  • Actualidade

Os socialistas comparten de madrugada co estudantado as colas da vergoña para buscar piso: “A nula política de vivenda e de residencia de Rueda provoca esta situación”

Patricia Iglesias anuncia unha batería de iniciativas parlamentarias para que a Xunta mobilice vivenda baleira…

02/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro, sobre a negativa da Xunta a levar a Autovía da Costa da Morte ata Cee: “Redobraremos a ofensiva para poñer fin a esta discriminación”

O secretario xeral do PSdeG criticou que o PP votase no Parlamento e na Deputación…

02/07/2025
  • Actualidade

“Pinza de complicidade” entre PP e BNG para impedir que Besteiro poida exercer as preguntas ao presidente que lle corresponden

Elena Espinosa apunta á solución concedendo 11 minutos máis nun Pleno por cada período de…

01/07/2025
  • Actualidade

Font acolle con escepticismo a Estratexia da economía azul da Consellería do Mar, que chega “sen credibilidade nin ambición real”

Cuestiona a xestión “opaca, ineficaz e máis preocupada pola propaganda que pola realidade” por parte…

01/07/2025