Categorías: Actualidade

O PSdeG esixe unha democratización da enerxía en Galicia para lograr unha baixada “real” do recibo da luz

Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta un impulso ás comunidades enerxéticas e que aposte “por todas as potencialidades do autoconsumo” en vez de facer “propaganda” con RDG, unha comercializadora eléctrica que só ten un 30 % público

O Grupo Socialista reclamoulle á Xunta na sesión plenaria de hoxe no Parlamento galego un impulso ás comunidades enerxéticas como un medio de contribuír a un sistema “renovable, descentralizado, democrático e resiliente”. A deputada Patricia Iglesias defendeu, no debate dunha proposición non de lei presentada polos socialistas, os conceptos de “autoconsumo e empoderamento comunitario” como liñas indispensables para a transición enerxética.

“Queremos que se lle saque partido ao feito de ser unha potencia en canto a produción enerxética, e, sobre todo, que os beneficios sexan tanxibles para os veciños e veciñas”, explicou Iglesias tras insistir en que a “democratización da enerxía” debe ser un obxectivo da Administración autonómica. Por iso, lamentou que o Goberno de Rueda “non estea a apostar por todas as posibilidades que ofrece o autoconsumo, nin a nivel local, nin residencial, nin industrial”, seguindo o camiño trazado polo Executivo de Rajoy coa imposición dun “imposto ao sol”.

A parlamentaria do Grupo Socialista sinalou que o PSdeG ten “unha folla de ruta claramente definida” sobre a gran oportunidade que supoñen as comunidades enerxéticas”. Entre as bondades que mencionou dese sistema, destacou a baixada “real” do recibo da luz, fronte a unha comercializadora con só un 30 % de participación pública que se queda en “propaganda” da Xunta. “De medidas para atender a pobreza enerxética, a cohesión territorial, o despoboamento do rural ou estender o complemento autonómico do bono térmico, nada de nada”, criticou.

Patricia Iglesias sinalou que “é cuestión de ideoloxías” crer ou non no autoconsumo, nunha transición enerxética “xusta, social e sostible que non deixe a niguén atrás” ou no cambio climático. “Pero aquí vemos que o PP abraza cada vez máis á extrema dereita”, lamentou.

As potencialidades das comunidades enerxéticas

“Os nosos recursos deben quedar aquí, en Galicia, e para iso hai que facer realidade o empoderamento comunitario”, afirmou para salientar as potencialidades das comunidades enerxéticas. Entre elas, citou o aumento do aforro, a non dependencia de grandes compañías eléctricas, unha maior competitividade para a industria, máis coidado do medio ambiente e beneficios sociais a través da creación de emprego local ou o reinvestimento de recursos na comunidade.

Así, Iglesias reclamou que o Goberno galego lidere a creación de comunidades enerxéticas, con máis participación da cidadanía no sector e cun reforzo do papel da veciñanza. Ademais, pediu a creación dunha plataforma de acceso público que informe de todas as comunidades e as súas características, como tamén que a Administración autonómica ofreza axudas para a constitución de comunidades enerxéticas, financiando a contratación de asistencias técnicas que faciliten todos os estudos e trámites necesarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG advirte de que a nova Lei de Administración Local “nace morta” se non garante o financiamento dos concellos

A secretaria de Organización e deputada do Grupo Parlamentario Socialista, Lara Méndez, critica que o…

09/02/2026
  • Actualidade

O PSdeG acusa a Rueda de enganar ás familias coa dedución do material escolar

O deputado Aitor Bouza advirte de que parte das 60.000 familias ás que a Xunta…

08/02/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica desde a Festa do Butelo da Fonsagrada a calidade como eixo de competitividade dos produtos agroalimentarios galegos

O secretario xeral do PSdeG pon ao Butelo como exemplo da capacidade produtiva e da…

07/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista advirte da necesidade da protección da infancia fronte aos intereses mercantís das plataformas dixitais

Silvia Longueira, Lara Méndez e Carlos López Font, deputados do Grupo Parlamentario Socialista,  mantiveron esta…

06/02/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista censura o “uso partidista” da Axencia Turismo de Galicia e critica a súa falta de ambición

Lara Méndez denuncia que o goberno galego exclúe a concellos socialistas como Camariñas, Betanzos ou…

06/02/2026
  • Actualidade

Lara Méndez: “Os alcaldes do PP teñen que defender aos seus concellos fronte á Xunta e non atacar a quen denuncia a infrafinanciación do SAF”

A secretaria de Organización do PSdeG pediu tamén explicacións sobre a posible existencia de convenios…

06/02/2026