Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro acusa a Rueda de fomentar un modelo especulativo de alugueiro que provocou un incremento do 50% nos prezos en 10 anos

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista denunciou o fracaso da política de vivenda do PP en Galicia e demandou unha solución inmediata para as máis de 19.000 persoas que se atopan en lista de espera

 

Besteiro puxo sobre o foco os problemas que afectan a miles de galegos, desde a dependencia ata a sanidade e, por suposto, a crise habitacional para os que o PP non ten respostas

 

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, levou hoxe ao Parlamento “a voz da Galicia real”, esa que o PP ignora e condena a máis desigualdades. Fronte a un Rueda que se nega sistematicamente a contestar, Besteiro puxo sobre a mesa os problemas que afectan a miles de galegos, desde a dependencia ata a sanidade e, por suposto, a crise da vivenda, que xa é unha emerxencia para  as máis de 19.000 persoas que agardan en Galicia por un fogar e que non poder facer fronte aos prezos actuais de aluguer.

 

Besteiro comezou a súa intervención denunciando a grave situación das listas de espera na Dependencia, onde hai 4.000 persoas agardando por unha resolución que nunca chega. “Hai estudos que indican que só un 20% das persoas que teñen dereito a ela, a solicitan, porque saben que o sistema non funciona. A Xunta está bloqueando un dereito esencial”, criticou.

O portavoz socialista tamén puxo o foco na Sanidade pública, lembrando e criticando as “irresponsables” palabras do conselleiro do ramo: “Están vostedes a un chisco de dicir que a xente enferma por deporte. Algo parecido pasou cando unha política do PP dixo que non era necesario atender a 7.000 maiores na COVID porque ‘ían morrer igual’”.

 

19.000 persoas esperando por unha vivenda mentres a Xunta segue sen actuar

 

Tras repasar a inacción da Xunta en materia de dereitos sociais, Besteiro centrouse na grave crise da vivenda, onde máis de 19.000 persoas están en lista de espera para un aluguer mentres o PP leva 15 anos sen facer nada. “Cada día que pasa, a lista aumenta. Hoxe xa son máis de 1.000 persoas novas cada ano, tres cada día, sen acceso a unha vivenda digna”, denunciou.

 

Besteiro acusou a Rueda de fomentar un modelo especulativo onde os prezos se dispararon un 50% en 10 anos, mentres os salarios só subiron a metade. “O problema non é o número de vivendas, é o prezo. E vostedes non queren facer nada para regulalo”, criticou.

 

Fronte a esta parálise, Besteiro puxo sobre a mesa as propostas do PSdeG para garantir o acceso á vivenda como o Banco Público de Aluguer, no que a Xunta actúe como intermediaria para garantir vivendas a prezos accesibles (30% dos ingresos), ao tempo que ofrece seguridade e garantías aos propietarios. “Podemos incorporar rapidamente ata 5.000 vivendas no mercado de alugueiro coas ferramentas adecuadas. Só falta vontade política e iso é precisamente a que vostede non ten”, subliñou.

 

526 millóns de euros para vivenda: onde están, señor Rueda?

 

Besteiro tamén esixiu que Rueda explique que fixo cos 526 millóns de euros transferidos polo Goberno de España para políticas de vivenda. ” A realidade é que en 15 anos de goberno do PP vostedes no fixeron nada”, dixo.

 

Para o líder socialista, o fracaso da política de vivenda do PP en Galicia ten responsables claros. “Agora prometen construír todo o que non fixeron en 15 anos. Pero a xente non pode esperar máis: as máis de 19.000 persoas en lista de espera precisan solucións xa. Señor Rueda, que pensa facer?”, concluíu Besteiro, reiterando o seu compromiso de levar a voz da Galicia real ao Parlamento e defender os dereitos das persoas que viven cada día as consecuencias das políticas clasistas do PP.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “A negativa a negociar o financiamento non sae de San Caetano, sae de Génova e consuma a traizón de Rueda a Galicia”

O secretario xeral do PSdeG acusou ao presidente galego de “baixar a cabeza ante Feijóo…

19/01/2026
  • Actualidade

O PSdeG propón crear un Observatorio da Morte Digna tras o aumento histórico dos testamentos vitais en Galicia

A iniciativa, rexistrada por Elena Espinosa no Parlamento galego, vincula o crecemento da demanda co…

17/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Xunta a colaborar e corresponsabilizarse coa aplicación do acordo con Mercosur con medidas de apoio á gandería

Lara Méndez reclama “responsabilidade, rigor e firmeza” das administracións, que deben garantir a eficiencia nos…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle a Medio Rural que levante o “bloqueo político” á nova Lei contra os incendios forestais “antes de que sexa demasiado tarde”

Carmen R. Dacosta sinala que a política contra os incendios “non se corrixe con cambios…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de “poñerse de perfil e mirar para outro lado” diante do problema da expansión do xabaril

Lara Méndez reclama un Plan integral de control da especie e axudas ás persoas afectadas…

16/01/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao PP de agochar os informes de inspección dos centros sanitarios e residenciais privados e concertados

Elena Espinosa empraza a Sanidade e Política Social a reforzar o persoal inspector e presentar…

15/01/2026