Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama un Plan de choque para frear a saída de xente moza de Galicia, que perdeu 87.300 persoas de 16 a 29 anos dende 2010

Carmen R. Dacosta reclama unha batería de medidas para facer de Galicia unha “terra de oportunidades laborais, vivenda, servizos e infraestruturas” para a mocidade

 

Cualifica de “broma pesada” a proposta de vivendas colaborativas: “o PP non entende que os mozos e mozas queren independizarse con dignidade, non vivir permanentemente en residencias de estudantes”

 

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, reclamoulle á Xunta que presente un Plan integral de emprego mozo e un Plan de choque que garanta oportunidades laborais, vivenda, servizos e infraestruturas para frear a marcha de xente moza que marcha de Galicia. Dacosta fixo esta proposta a través dunha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento que se celebrou hoxe e que será votada mañá.

 

Alertou de que Galicia ten perdido 87.300 persoas de 16 a 29 anos dende o ano 2010, 2 de cada 8 mozos e mozas que marcharon fuxindo do paro e a precariedade laboral que estaban a vivir en Galicia. Explicou que o 27,6 por cento dos traballadores mozos teñen contrato parcial, o dobre do total, e cobran un 20,1 por cento menos que o resto de traballadores e traballadoras e un 14 por cento menos que os mozos e mozas da súa mesma idade no resto do Estado.

 

Explicou que Galicia está hoxe entre as catro comunidades autónomas coa taxa de actividade xuvenil máis baixa do Estado, que baixou un 13,9 por cento entre 2008 e 2024, e teñen que asumir un paro do 20 por cento.

 

Sinalou que cando o 84 por cento dos mozos e mozas de menos de 30 anos vense obrigados a vivir cos seus pais porque non poden asumir o custe dunha vivenda en solitario é “comprensible que teñan que marchar a buscar traballo fóra de Galicia”.

 

A broma pesada das vivendas colaborativas

 

Carmen R. Dacosta cualificou de “broma pesada” as propostas da Xunta do Bono Emancípate para darlles 1.500 euros ou ofrecer “vivendas colaborativas” que demostran que “o PP non entende que queren emanciparse con dignidade, non vivir permanentemente en residencias de estudantes”. Esixiulles “medidas sólidas que permitan á xuventude realizar o seu proxecto de vida, cun traballo digno e con dereitos e un acceso viable á vivenda.

 

A responsable socialista reclamoulle á Xunta que presenten en dous meses un plan de emprego mozo con medidas concretas e orzamento, e dálles un prazo de 3 meses para elaborar un Plan de choque centrado na vivenda, servizos e infraestruturas.

 

Finalmente, reclámalle ao goberno galego que garanta a mellora da calidade do emprego mozo, comezando polo fomento das prácticas formativas e remuneradas, eliminando a precariedade dos bolseiros e fomentando vantaxes fiscais para as empresas que garantan que o 30 por cento do cadro de persoal sexa menor de 35 anos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro advirte que a dereita quere impugnar os avances dos últimos sete anos e chama a relanzar o proxecto de goberno coa igualdade no centro de acción política

O secretario xeral do PSdeG aposta por relanzar a acción de Goberno, tomar a iniciativa…

05/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Este Comité Federal é unha oportunidade para reorganizarnos e reforzarnos como partido

O secretario xeral do PSdeG participa este sábado en Madrid no Comité Federal do PSOE,…

04/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista esixe dende o Parlamento a paralización inmediata do traslado do servizo de partos ao novo paritorio provisional do CHUO

Carmen R. Dacosta presenta unha batería de iniciativas parlamentarias para frear a decisión do Sergas…

04/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao responsable da loita contra a violencia de xénero de “secundar a vergoñenta resposta do goberno galego” diante do “Caso Villares”

Paloma Castro critica que o presidente da Xunta respondera a unha denuncia por agresión sexual…

04/07/2025
  • Actualidade

Lara Méndez: “Se o PP fose coherente, a súa ponencia titularñiase “programa para desmantelar dereitos e sementar odio”

A secretaria de Organización do PSdeG denunciou que o PP “quere borrar o galego”, pretendendo…

03/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza ao PP a actualizar as normas da Comisión do Consello de Contas para incrementar os debates e adiantar o Plan de Traballo do ente fiscalizador

Elena Espinosa reclama fiscalizar un informe sobre as subvencións “a dedo” concedidas polo PP dende…

03/07/2025