Categorías: Actualidade

Lara Méndez esíxelle á Xunta que se poña “ao carón dos gandeiros e gandeiras” na renovación dos contratos do leite

Reclámalle ao goberno galego que garanta a posta en marcha dun foro de escoita activa co sector e que garanta obxectividade nos contratos coa industria

 

A portavoz de Agricultura e Gandería do Grupo Socialista, Lara Méndez, esixiulle hoxe á Xunta que se poña “ao carón dos gandeiros e gandeiras” para garantir prezos xustos na renovación dos contratos do leite que se desenvolverá nos próximos meses. Méndez lamentou que o PP rexeitara a moción que presentou no Pleno para pedirlles que garantan a posta en marcha dun foro de escoita activa..

 

A responsable socialista explicou que nos próximos meses serán renovados o 90 por cento dos contratos do leite que condicionarán todo o exercicio, polo que reclamoulles que defendan o interese dos produtores galegos, que entregan o 40 por cento do leite do Estado coas cotizacións en orixe máis baixas do Estado.

 

Reclamoulle ao goberno galego que empregue o observatorio público de prezos para garantir obxectividade nos contratos entre gandeiros e industria, poñendo en marcha tódalas ferramentas inspectoras dispoñibles e creando a figura do mediador público e que poñan enriba da mesa incentivos para que as industrias cumpran cos produtores de leite en orixe.

 

Advertiu que a situación actual fai inviable a supervivencia do sector en Galicia, que está a ver como cada día pecha unha das pouco máis de 5.000 explotacións de leite, polo que lle esixiu ao goberno galego que busque solucións para reverter a situación de debilidade que teñen fronte á industria e que está a acabar con eles.

 

Observatorio do sector lácteo

 

Lara Méndez sinalou que o decreto que regula o observatorio do sector lácteo de Galicia, publicado a finais de xaneiro, chega tarde, demostra que “nace con carencias”, prevendo apenas unha xuntanza ao ano. Ademais, advertiu que malia que o decreto obriga a que o observatorio debe contar cun mínimo dun 40 por cento de mulleres, a realidade é que a representación de mulleres rurais é “menosprezada”.

 

Explicou que as mulleres terán que ser representadas de forma rotativa por un período de dous anos, mentres as organizacións profesionais, o sector primario, o sector lácteo e da distribución, a federación nacional de industrias lácteas e a organización de produtores serán elixidos en función da súa representatividade.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG traslada o “apoio, agarimo e afecto” á vítima da agresión homófoba da pasada noite en Santiago e sinala que en Galicia “non hai espazo para o odio nin para a violencia”

Aitor Bouza traslada a “máxima condena e repulsión” dos socialistas galegos contra as actitudes violentas…

13/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclama unha Comisión de Estudo sobre o Leite “operativa, resolutiva e construtiva”

Lara Méndez urxe a constituír canto antes a Comisión de Estudo sobre o leite impulsada…

13/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa á Xunta de presentar o Pladiga “meses tarde, ás agochadas e sen autocrítica”

Carmen R. Dacosta critica que “substitúen a prevención real por propaganda e externalización” nun documento…

13/05/2026
  • Actualidade

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta reactiva os megaproxectos mineiros máis polémicos sen plan sectorial e de costas ao territorio

A voceira de Industria e Enerxía do Grupo Parlamentario Socialista advirte de que o goberno…

13/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG reivindica en Santiago a lingua como “ferramenta de identidade” no encontro “Libro, Letras e Redes” organizado dentro da Semana das Letras Galegas

A secretaria de Organización Lara Méndez clausura un acto aberto pola secretaria de Lingua Silvia…

12/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG defende a exención das cotas das mariscadoras á Seguridade Social que impulsa o Goberno e critica a posición de BNG e PP no Senado

César Mogo censurou o “oportunismo” dos nacionalistas por presentar na Cámara Alta unha iniciativa en…

12/05/2026