Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acusa a Medio Rural de empregar comparecencias no Parlamento para autobombo e entorpecer o traballo de control por parte da oposición

Lara Méndez aféalle ao director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria que acuda á Cámara para repetir a rolda de prensa da conselleira do 9 de xuño

 

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Lara Méndez, acusou á Consellería do Medio Rural de empregar as comparecencias en Comisión para facer autobombo e limitar as iniciativas da oposición e entorpecer o traballo de control. Así o dixo na comparecencia do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria -Agacal-, que admitiu que compareceu hoxe para presentar a oferta formativa que xa anunciara a conselleira o 9 de xuño en rolda de prensa.

 

A responsable socialista explicou que a utilización da figura da comparecencia a petición propia forza aos grupos parlamentarios a limitar as iniciativas propias que levan ás comisións, co que “o PP quere coartar totalmente a posibilidade de que exerzamos a nosa labor de oposición”. Subliñou en ton sarcástico que “só lles queda poñer dúas comparecencias por Comisión, e así xa nin preguntamos nin presentamos ningunha iniciativa”.

 

Criticou que empregaran a última Comisión antes do parón do verán para “facernos vir a escoitar o que podemos ler e que xa nos anunciaron” sobre uns cursos de formación que ademais “serven para decorar e para dar grandes titulares” pero “sen avaliar o seu alcance”. Advertiu que a Consellería limítase a “dar cifras” pero evitan avaliar a eficacia real dos mesmos, xa que non fan pública a inserción laboral dos alumnos.

 

Reclamoulle ao director da Agacal que dea conta da situación laboral dos alumnos, xa que “se non hai unha inserción laboral real, os cursos non valen de nada”, e reclamou que organicen a oferta formativa en función da demanda real. Ademais, preguntou ata que punto esta formación é eficaz á hora de fomentar o relevo xeracional e incrementar a competitividade das explotacións e “saber se realmente vamos polo bo camiño”.

 

Carné de fitosanitarios

 

A responsable socialista puxo o acento tamén na oferta de cursos para obter carnés fitosanitarios que está a anunciar agora Medio Rural logo do caso dos cursos fraudulentos homologados pola Xunta. Aludiu así á decisión do Ministerio de Agricultura de anular as acreditacións de 6.817 galegos e galegas que obtiveran no Bierzo a través duns cursos respaldados pola Xunta pero que se demostraron irregulares.

 

Criticou a falla de control por parte do goberno galego para que “agora teñan que ser os concellos os que están saíndo ao rescate” para ofrecer eses cursos que permitan aos afectados obter uns carnés que precisan para o seu día a día, como están a facer Coristanco, Carballo ou Dumbría.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG entrega este domingo en Ourense os VII Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez a Fademur Galicia e á investigadora Aurora Marco

O partido presentará en todos os concellos galegos unha moción para que a mestra Maruja…

04/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro a Rueda: “Ao mesmo tempo que vostede pedía eleccións para derrubar ao goberno, Pedro Sánchez traballaba para traer SAIC e emprego a Galicia”

O líder dos socialistas galegos reclámalle ao presidente da Xunta que “deixe a hipocrisía a…

03/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda que deixe de castigar aos concellos onde non goberna o PP e dote a Valdoviño do instituto que require o seu crecemento demográfico

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE pide a Rueda que levante o veto á reunión solicitada…

30/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a Xunta se nega a explicar o sistema “falaz” de cómputo de listas de espera sanitarias

Julio Torrado esíxelle ao xerente do Sergas que explique se unha espera de 9 meses…

28/05/2026
  • Actualidade

O Grupo socialista denuncia que a Xunta reduce as axudas para a contratación de mulleres de 7 a 2,5 millóns de euros

Carmen R. Dacosta lembra que as mulleres cobran de media 4.300 euros menos ao ano…

28/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia un “fraude de lei” por parte da CSAG ao contratar persoal á marxe do establecido no convenio e na normativa

Silvia Longueira alertou de que a antiga CRTVG está utilizando unha modalidade excepcional, a contratación…

28/05/2026