Categorías: Actualidade

Os socialistas desmontan no Senado a “fábrica de mentiras” dos populares Balseiro e Barreiro sobre Altri e Alcoa

César Mogo destacou que a intervención do ministro de Industria deixou claro que a posición do PSdeG e do Goberno respecto do proxecto de Palas de Rei é a mesma

Criticou que o PP insista na súa campaña de fake news cando votou contra a compensación 80 % nas peaxes eléctricas á fábrica da Mariña lucense 

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2025. O senador do PSdeG César Mogo censurou hoxe que o Partido Popular insista en manter en marcha a “fábrica de mentiras” dos senadores Balseiro e Barreiro, con terxiversacións que despois ambos tratan de espallar a través de iniciativas parlamentarias. O socialista criticou que no pleno desta tarde intentasen, mediante unha pregunta ao Goberno, de “enredar” sobre a situación de Alcoa.

Mogo sinalou que o fixeron pese a que o PP non apoiou a redución dun 80 % nas peaxes eléctricas, unha medida incluída no Real Decreto contra o que os populares votaron o pasado 23 de xaneiro. Tamén criticou que, tal como lembrou durante a sesión a vicepresidenta terceira, Sara Aagesen, a tardanza da Xunta ao entregar a documentación sobre os parques eólicos que van abastecer Alcoa impedise tramitar en prazo a declaración de impacto ambiental. “Non o poñen fácil”, dixo Aagesen.

Pese a iso, o Goberno mantén o “compromiso firme” coa planta da Mariña lucense, asegurou Mogo. Por ese motivo, artellou unha solución ao problema das instalacións de renovables, dando prioridade nos concursos de acceso á rede aos proxectos “que teñan un avanzado estado de tramitación”. Por outra banda, as compensacións por emisións de CO2 para a industria eleváronse ata os 600 millóns de euros, medida que tamén afecta a Alcoa, e España está a ofrecerlle ao sector neste momento “a enerxía máis competitiva de Europa”.

O ministro de Industria: “Coincidimos totalmente”

A sesión de control incluíu tamén unha pregunta dos populares sobre Altri, que buscaban incidir na falsa afirmación de que existe diferencia de opinións entre o PSdeG e o Goberno central respecto do proxecto de Palas de Rei. “Demostrouse que non hai discrepancias”, subliñou César Mogo tras a intervención do ministro de Industria, Jordi Hereu, que foi contundente: “O PSdeG e o Goberno coicidimos totalmente”.

Hereu explicou durante o pleno da Cámara Alta que o Executivo apoia os proxectos industriais e por ese motivo asinou compromisos con Alcoa, “para manter a actividade”, e respecto das novas iniciativas apuntou que se analiza “a viabilidade” de cada unha delas tanto no aspecto técnico coma no económico e no medioambiental. César Mogo sinalou especialmente da intervención do ministro que quedou claro que os criterios son “obxectivos”, incluído o que respecta á protección do medio natural.

“O que non está aínda tan claro —dixo— é se a Xunta ten algún compromiso para financiar o proxecto de Altri, porque non ofrece información pese a que o secretario xeral do PSdeG lévaa demandando en reiteradas ocasións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG ve no Debate do Estado da Autonomía “os primeiros síntomas” de rectificación do PP sobre a quita da débeda

Julio Torrado sinala que "presentamos unha alternativa de país e o PP ás veces empeza…

26/04/2025
  • Actualidade

Espinosa acusa ao PP de converterse no “partido do Non” logo de rexeitar 39 das 40 propostas que os socialistas presentaron no Debate do Estado da Autonomía

A viceportavoz do Grupo Socialista critica que Rueda teña rexeitado de novo a condonación de…

25/04/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro presenta 40 propostas para dar resposta aos problemas reais dos galegos e das galegas fronte a un Rueda sen solucións

O Grupo Socialista presenta as súas propostas de Resolución ao Debate da Autonomía, con medidas…

24/04/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro: “A Galicia real non é a que sae no Telexornal, señor Rueda. Empece a traballar e deixe de celebrar”

O líder dos socialistas galegos contrapuxo no Debate sobre o Estado da Autonomía a Galicia…

23/04/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro sinala que Rueda está “desconectado da Galicia real” pero cheo de “autobombo e autocompracencia”

O líder dos socialistas galegos lamenta que o presidente da Xunta estea “máis preocupado da…

23/04/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro: “A denegación de axudas a Altri é unha boa noticia para Galicia e confirma o que dixen hai meses: o proxecto non encaixa no Perte de descarbonización”

O secretario xeral do PSdeG mostrou a súa convicción de que a macrocelulosa non vai…

23/04/2025