Categorías: Actualidade

Rodríguez Rumbo acusa a Xunta e PP de “desvirtuar” ao Consello de Contas, convertendo os informes de fiscalización nun “mero trámite” e facendo caso omiso das recomendacións

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Relacións co Consello de Contas, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao goberno galego e ao PP de “desvirtuar” o traballo do Consello de Contas. Criticou que desatendan aos informes de fiscalización, que converten nun “mero trámite que pase desapercibido”, mentres desatenden sistematicamente ás recomendacións do ente fiscalizador.

No debate das propostas de resolución aos informes de fiscalización contidos na Memoria de Actividades correspondente ao ano 2019 -que inclúe a fiscalización da conta de 2018-, lamentou o “rodillo” do PP, que tan só aprobou unha das 36 propostas de resolución presentadas polo Grupo Socialista, transaccionada cos outros dous grupos. Esta proposta, que pide poñer en marcha o rexistro de entidades dependentes prevista na Lofaxga, alude a unha obriga que o goberno galego leva incumprindo dende 2010.

Negáronse sen embargo a apoiar as propostas de resolución do Grupo Socialista para incluír un novo plan de contabilidade pública, seguindo a normativa contable aprobada en 2010. Ao mesmo tempo, rexeitan as propostas par instarlle á Xunta a implantar a rendición telemática da conta xeral, ou esixirlle á Xunta que revise profundamente a memoria da conta xeral, que cada ano recomenda informar do seguimento das recomendacións de anos anteriores.

Critica que o PP “tampouco considera importante que haxa entidades que forman parte da administración autonómica que non presentan as súas contas para impedir que poidan ser fiscalizadas”. O ente fiscalizador, dixo, advirte de que “non se aprecian avances salientables”, sinalando que a Xunta “segue sen facer nada” para cumprir coas recomendacións deste órgano.

Anomalía

Rodríguez Rumbo acusou ao PP e ao goberno galego de “diluír” os informes de fiscalización, demostrando a súa “falla de respecto polo traballo desenvolvido” polo Consello de Contas, que entraron na Cámara o 30 de outubro e os mantivo conxelados ata o 11 de marzo, e son debatidos finalmente 9 meses despois de ser rexistrados na Cámara. En total son 17 informes que inclúen a Conta Xeral de 2018, a Memoria anual de 2019 ou as contas anuais do Consello.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13