Categorías: Actualidade

Ribadavia permanece oito horas sen luz en plenas festas patronais

A deputada socialista Noela Blanco presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que lle reclama á Xunta que realice unha auditoría sobre os reiterados cortes de luz que se veñen rexistrando nos concellos de Ribadavia, Arnoia e Melón. Apunta que os problemas de subministro eléctrico provocaron que os veciños de Ribadavia quedaran sete horas a escuras en plenas festas patronais, o pasado 8 de setembro.

Blanco reclámalle ao goberno galego que “exerza con efectividade as súas competencias en materia de consumo, de protección das persoas consumidoras, e de vixilancia e control da distribución e transporte de enerxía, para esixir a solución dos problemas de subministración eléctrica” nestes concellos de Ourense.

Ademais, urxiu a realizar unha auditoría sobre o servizo de subministro eléctrico nos concellos afectados, “detectando e instando ás empresas a corrixir de inmediato, e con carácter estrutural, as causas reais da falla no subministro enerxético que sofren os usuarios”.

Lembra que o goberno galego ten ademais a competencia, a través do Instituto Galego de Consumo, de desenvolver unha campaña informativa sobre os dereitos como consumidores dos veciños e veciñas das zonas afectadas. Finalmente, reclámalle á Xunta que lles lembre a posibilidade que dispoñen para acudir ao amparo do Sistema Arbitral de Consumo.

Blanco apunta que estes cortes de subministro frecuentes “constatan as malas condicións nas que se atopa a rede”, mentes a lentitude á hora de reparar as liñas “indica que non hai equipos suficientes para repoñer a subministración”. Estas interrupcións, ademais, “supoñen un incumprimento por parte da empresa subministradora tanto das disposicións legais que regulan a actividade da compañía como das obrigas contractuais.

Os veciños e veciñas teñen iniciado unha campaña de recollida de sinaturas para pedirlle á Xunta que abra un expediente sancionador á empresa por non cumprir coa súa obriga na continuidade do servizo. Reclaman finalmente a mellora da liña eléctrica entre Castrelo de Miño e Francelos e os concellos de Arnoia e Melón, para evitar máis cortes de luz.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24