Categorías: Actualidade

Revitalizar o Parlamento de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, urxiu hoxe ao PP e ao goberno galego darlle “unha volta completa” á súa axenda política para “revitalizar o Parlamento”. Apuntou ao peche das tres comisións de investigación paralizadas polo PP, á interinidade da Valedora e do director xeral da CRTVG e reactivar o calendario lexislativo como condicións para “superar a atonía e o ensimismamento do PP”.

O responsable socialista criticou que o PP continúe utilizando ao Lexislativo como “caixón de resonancia” que “utilizan de forma partidaria como elemento de márketing”, e reclamou a “volta á normalidade parlamentaria”. Neste sentido, reclamoulle ao Grupo Popular que dea carpetazo á Comisión de Investigación das Caixas, á espera de aprobar as conclusións dende a Lexislatura pasada.

O mesmo sucede coa Comisión de Investigación da Sanidade, paralizada polo PP dende hai meses logo de “acusarnos que querer prolongala ata as eleccións” cando “eles adían sine die” as conclusións deste órgano. Os socialistas impulsarán, dixo, un texto de conclusións alternativo para visibilizar que “o Parlamento debe ser onde se determinen as liñas de futuro da sanidade pública, en pleno contexto de cambios” que o PP anuncia pero non executa.

Fernández Leiceaga criticou o desleixo normativo do goberno galego, que incumpre as súas propias previsións ata o punto de que aínda non presentou dous proxectos de Lei fundamentais como a de Emprego e de Impulso Demográfico, comprometidas na axenda normativa de 2018. Criticou que o goberno galego non queira xa nin presentar calendario normativo para o ano 2019, “para evitar que se poida contrastar coa realidade dos seus incumprimentos”.

Urxiu ao PP a resolver dunha vez a interinidade de dous órganos dependentes do Parlamento de Galicia, como son a CRTVG, por canto o seu director xeral ten que ser escollido por maioría parlamentaria, de acordo coa Lei de Medios aprobada en 2011. O mesmo sucede coa Valedora do Pobo, condenada por crearlle un posto á medida da irmá do portavoz do PP, sen maioría parlamentaria que a sustente e á espera de que o PP presente un sucesor.

Inercia

O portavoz do Grupo Socialista criticou que o PP teña renunciado a calquera tipo de “proxecto reformista” e se limiten a un “único proxecto da continuidade do poder por inercia” en lugar de confrontar as dificultades e problemas dos galegos e das galegas. Así o evidenciou a notable perda de apoio político nas últimas eleccións xerais, europeas e municipais.

Ironizou co feito de que Feijóo recuperara o argumento do goberno da lista máis votada e das críticas ao que cualificaron como “pacto de perdedores” que está buscando o seu partido en Madrid co apoio de Ciudadanos e a estrema dereita. Explicou que “os socialistas cremos firmemente no sistema proporcional” e explicou que “os que gañan son os alcaldes e presidentes que concentran os votos da cidadanía”.

Sinalou que Galicia constitúe un “exemplo moi claro” da perda de apoios dos de Feijóo, como vai evidenciar que “o próximo presidente da Fegamp non vai ser do PP”, que apunta ao seu deterioro coa perda da maioría mesmo na Deputación de Ourense. Sinalou que os resultados electorais ofrecen unha “mensaxe de que a cidadanía quere cambio encabezado polos socialistas galegos, con independencia de quen sexa o candidato do PP”.

Logo das eleccións municipais, ademais, avogou por acordos “de amplo espectro” sobre unha base progresista onde sexan necesarios, co BNG como “socio preferente”, para garantir “gobernos sólidos e estables”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24