Categorías: Actualidade

Proposta na defensa dos produtores de leite

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Raúl Fernández, defendeu hoxe un maior protagonismo dos produtores agrarios e gandeiros na cadea de valor da industria do leite. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei que presentou hoxe no Pleno do Parlamento para reclamar a intervención da Xunta na defensa destes actores na comercialización e industrialización do leite, que foi debatida hoxe e será votada mañá martes.

O responsable socialista reclamou unha “maior participación dos produtores”, que hoxe teñen que vender o leite ao prezo por litro máis baixo de Europa, e urxiu á Xunta a presentar un Plan Estratéxico “prioritario pola elevada dependencia da produción de leite” por boa parte do interior de Galicia.

Neste sentido, explicou que as 70.000 explotacións que había censadas hai 25 anos pasaron a 7.400 concentradas en 4 comarcas do norte de Lugo e Pontevedra e o interior de A Coruña –sinaladamente a Terra Chá, Deza, Ordes e Xallas-. A produción de leite duplicouse neste período –de 1,5 a 2,7 millóns de toneladas ao ano-, ata chegar a que Galicia aporta o 40 por cento do leite do Estado, un referente da produción do Estado que ten ás explotacións en risco.

A falla de sustentabilidade, dixo, deriva da falla dunha industria transformadora para concederlle valor engadido á produción, a falla dun tecido produtivo “potente” que actúe nas distintas fases da cadea, a urxencia de aumentar a base territorial das explotacións e evita a compra de forraxes e pensos foráneos, e a falla de man de obra cualificada.

Fernández chamou á implicación do goberno galego, que ten aprobado uns orzamentos “insuficientes para reverter a situación”, que “non parecen reflectir un impulso suficiente para darlle un xiro á situación” e “non casan coa Lexislatura do Rural que está a anunciar o presidente da Xunta”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13