Categorías: Actualidade

Privatización e opacidade na sanidade pública galega

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou ao goberno galego de “trucar” os orzamentos para maquillar o pago de servizos sanitarios ás empresas concertadas. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Sanidade, hoxe no Pleno, para dar conta da privatización de servizos médicos na Eoxi de A Coruña por valor de 97,5 millóns de euros.

O responsable socialista lembrou o último informe do Consello de Contas, que deu conta da “opacidade e privatización” na sanidade pública galega, e acusou á Xunta de orzamentar deliberadamente á baixa para despois disfrazar o pago á sanidade concertada a través de modificacións de crédito. Estas alteracións, explicou, supuxeron máis de 200 millóns de euros no último trimestre do ano pasado.

Naquel momento, apuntou, retiráronlle importantes partidas á prevención de incendios, innovación educativa, comedores escolares, dependencia, estruturas agrarias e ata o 5 por cento do orzamento da Consellería do Mar, máis de 8 millóns de euros, foron “reorientados para tapar buratos na Sanidade”.

Torrado censurou a “xestión absolutamente ineficiente” do goberno galego en materia sanitaria, e cuestionou que o propio conselleiro de Sanidade sinalara que o sistema privado “engade valor” ao público.

Puntualizou neste sentido que o que lle engade valor ao sistema público son precisamente os orzamentos do goberno galego, e lembrou que o propio Consello de Contas sinalou que a Xunta recorre demasiado ás privatizacións na sanidade, que non ofrecen garantía asistencial e carecen de control.

O parlamentario socialista sinalou que un claro exemplo destas prácticas é precisamente a Eoxi de A Coruña na que, dixo, “algo raro” sucede logo da privatización de servizos médicos por importe de 97,5 millóns de euros.

Lembrou que nos mesmos hospitais de A Coruña ten gastado o goberno galego 400.000 euros para cambiar os carteis incluíndo a palabra “público”, e puntualizou que “defendemos máis que o sistema sexa público a que se diga, porque dicilo está ben pero facelo está moito mellor.

Enfermaría

O parlamentario socialista sinalou tamén que o anuncio da creación da categoría de enfermeiro especialista, que o conselleiro anunciou hoxe durante a súa comparecencia, “chega tarde e chega mal” por parte do goberno galego. Lembrou que esta posibilidade fora apoiada polos socialistas “hai un ano”, o que tardou o Executivo en asumila, pero desta vez “convertendo unha boa posibilidade nunha incerteza para os profesionais”.

Torrado identificou os cabos soltos deste anuncio, que xera “dúbidas para boa parte dos pforesionais”, como é o caso dos que levan en torno a 25 anos exercendo e quedan fora da especialidade por non ter feito a proba específica durante a súa formación. Apuntou que o persoal que está a tutorizar as prácticas dos novos especialistas carecerán dos seus mesmos dereitos.

Ademais, apuntou que, de acordo co goberno galego, haberá unha convocatoria para a especialidade familiar e comunitaria pero non para pediatría, por exemplo. En calquera caso, reivindicou “máis tino” á hora de aplicar unha “boa posibilidade que xera unha certidume que é resoluble”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28