Categorías: Actualidade

O PP veta unha proposta para garantir a cobertura das baixas médicas no verán

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou o veto do PP a unha proposta para cubrir as baixas que se cubran as baixas do verán nos centros sanitarios. Así o dixo durante o debate dunha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento celebrado hoxe.

Julio Torrado denunciou que “estamos ante unha cuestión demasiado importante e demasiado ampla como para non afrontala cunha visión ampla”. Do mesmo xeito, sinalou que hai “un problema específico froito do abandono do Goberno”, recibindo incluso insultos dalgún deputado popular. Así, apuntou á “necesidade de combinar un servizo de calidade cos dereitos dos traballadores” para cubrir todas as baixas do verán.

O deputado puxo enriba da mesa que “España foi exemplo mundial en sanidade, pero hoxe xa non está entre as dez primeiras do mundo, de feito estamos de 19”. Porén, tamén lamentou que “no sistema galego temos unha ratio de profesionais menor que a media de España e, segundo o CIS, somos a terceira peor de España en valoración dos usuarios”. Torrado achacou o porqué a que “hai un problema de persoal, o cal é percibido polas galegas e galegos e que tamén apuntan os profesionais do sistema”.

Julio Torrado cualificou de “cutrez” a labor do goberno no sistema sanitario. Sinalou que o verán supón unha “época de debilidade para o sistema sanitario público galego, no que a planificación trata de provocar menores ingresos hospitalarios para ter menores demandas asistenciais e, por tanto, menor necesidade de recursos persoais e materiais”.

Polo tanto, o deputado dixo que “traemos unha proposta para chegar a un acordo e informar, decidir e avaliar”. Así, a demanda socialista instaba ao Parlamento a facilitar os informes de datos sobre atención hospitalaria aos Grupos. Por outro lado, a contratar profesionais en cada área cubrindo as baixas por vacacións en porcentaxe equiparábel ás camas habilitadas e conformar unha mesa de avaliación da atención hospitalaria no verán.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13