Categorías: Actualidade

O PP négase a auditar os contratos dos helicópteros da Xunta asinados cunha empresa condenada por fraude fiscal

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, lamentou o veto do PP a unha proposta socialista presentada hoxe en Comisión para auditar os contratos da Xunta para os helicópteros do servizo de extinción de incendios, Salvamento, o 061 ou as adxudicacións da base de drons de Rozas.

Díaz Villoslada presentara na Comisión Institucional do Parlamento unha proposición non de Lei na que reclamáballe á Xunta que verificara os contratos de Babcock co sector público autonómico, así como “a posible concorrencia de prohibición para contratar da empresa que afectaran á validez dos contratos”.

Esta iniciativa foi presentada despois de que a Audiencia Nacional condenara á empresa, o pasado 8 de marzo, a devolver 6 millóns de euros defraudados a Facenda, ademais de máis de 3 millóns de euros de multa, por realizar “negocios xurídicos simulados” para defraudar á Facenda nun recurso resolto en 2015.

Máxima transparencia

O responsable socialista reclamou “a máxima transparencia e despexar calquera sombra de dúbida” sobre esta empresa, adxudicataria dos ditos servizos aeronáuticos, garantindo así a mellor competitividade, as condicións dos traballadores e a seguridade xurídica dos contratos coa Xunta.

Urxe ao goberno galego a analizar “se con motivo da situación fiscal da empresa algún dos contratos poida incorrer en supostos de nulidade ou se aprecian circunstancias de prohibición para contratar para este grupo empresarial”.

Acusou ao PP e á Xunta de demostrar que “unha vez máis non están dispostos a ofrecer a mínima transparencia”, logo de que a portavoz do PP aludira a unha investigación propia da Xunta que Díaz Villoslada criticou por estar “realizada polo propio goberno galego, de parte, e que ademais néganse a remitirllela ao Parlamento de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13