Categorías: Actualidade

Posible prevaricación e tráfico de influenzas da Xunta na vacinación da conselleira delegada de DomusVi

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, acusou hoxe ao goberno galego de ter vulnerado os protocolos de vacinación para beneficiar á conselleira delegada de DomusVi nun caso de “prevaricación e tráfico de influenzas”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que lamentou que a Xunta tire “balóns fora” mentres favorecen a unha empresaria “afín ao PP”.

O responsable socialista contrastou a “ineficacia” amosada polo conselleiro de Sanidade á hora de investigar esta vacinación co “cese fulminante” de Eva Maquieira, xefa de Servizo no Hospital de Vigo cando reivindicou publicamente o uso de máscaras protectoras contra o coronavirus.

Arangüena presentou no Pleno do Parlamento o caso da conselleira delegada de DomusVi, “que ademais é amiga de Feijóo e doutros cargos do PP de Galicia”, e que evidenciou que “incumpriron o protocolo de xeito descarado en beneficio da súa amiga empresaria”. Criticou que o PP xustificara esta vacinación con argumentos “entre a manipulación e a falsidade”, dando por válido que tiña contacto permanente cos usuarios dos centros.

Arangüena explicou que a directiva “non é unha directora de residencia”, e resulta “completamente falso que o seu contacto cos usuarios sexa permanente”, xa que “ten as súas oficinas na Avenida García Barbón de Vigo”. Lembrou neste sentido o comunicado da Asociación de Traballadoras de Residencias de Galicia desmentindo o seu trato directo cos usuarios ou os familiares, e que apuntan a un “trato de favor” utilizando o seu “cargo e influenzas”.

Sinala que a responsable de DomusVi non forma parte da residencia, senón que é “a máis alta directiva dun imperio xeriátrico no que houbo 2.600 falecidos nesta pandemia, ademais de accionista millonaria dun imperio creado e expandido baixo o paraugas da Xunta de Galicia”.

O responsable socialista presentou tamén o caso da alcaldesa de Boimorto, na mesma semana na que Feijóo sinalaba que a decisión responsable no caso de vacinación irregular sería renunciar ao cargo, malia o que segue a exercer como alcaldesa apoiada polos concelleiros do PP. Sinalou ademais ás vacinas irregulares de Pontevedra, onde Feijóo sumaba 20 pero os sindicatos apuntaban 200, ou nos casos denunciados en Burela.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24