Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Patricia Otero urxe á Xunta a iniciar nun prazo máximo de 6 meses a “irrenunciable” mellora da LU-710 no tramo entre Baralla e o enlace coa A-6

Lamenta o voto en contra do PP e acúsao de intentar enganar á veciñanza con “argumentos pouco sólidos” ao vincular o acondicionamento do treito aos fondos Next Generation

A deputada socialista Patricia Otero reclamoulle hoxe á Xunta que inicie no prazo máximo de seis as obras de arranxo da estrada LU-710, no treito que vai entre o enlace da A-6 e Baralla.

O obxectivo desas actuacións -contra as que votou o Partido Popular- sería o de adecuar ese tramo para que conte coas mesma características e anchura de 9 metros que ten o resto da estrada. Para levar a cabo esta iniciativa, o Grupo Socialista tamén demandaba que se habilitase xa a partida necesaria nos orzamentos do 2022.

Patricia Otero lembra que este treito de estrada, debido ás súas características está incluída na rede local, mentres o resto da LU-710 forma parte da rede complementaria. “Esta clasificación” lembrou a deputada socialista, “obedece sen dúbida á situación que sofre historicamente a veciñanza de Baralla: o diferente estado dos dous tramos nos que a Xunta ten dividida esta vía de comunicación”.

Nesta liña, a deputada socialista alertou de numerosas eivas, como o risco de seguridade nunha vía estreita e que en inverno se ve afectada por placas de xeo. A maiores, “padece difícil mobilidade, sobre todo para vehículos grandes e máis cando coinciden en sentido contrario”.

A situación orixinou que o PSdeG presentase numerosas iniciativas “para impulsar unha solución definitiva a este grave problema”. De feito, no ano 2010 a Xunta xa se comprometera a facer as obras necesarias e, a finais de 2017, o goberno galego asegurou que “tiña detectado a necesidade“ de acondicionar esta estrada co fin de ensanchar a plataforma existente e modificar do trazado en curvas ou en rasante.

Porén, Patricia Otero alertou que “catro anos despois desta resposta nada parece ter avanzado” e descoñécense por completo cales son as previsións temporais, técnicas e orzamentarias para

resolver o problema.

Agora, a Xunta fala dun proxecto “descoñecido” e que se vincula á existencia de orzamentos procedentes dos fondos Next Generation por importe de 2,3 millóns de euros. Para patricia Otero, a única finalidade desta información é “enganar á opinión pública de baralla na liña seguida habitualmente polo PP: cando as cousas se conseguen, o mérito é da Xunta, e se non se acadan, responsabilizaríase ao goberno do Estado ante unha posible falla de financiamento por esa vía.

En calquera caso, defendeu Patricia Otero, “con fondos Next Generation ou sen eles”,  é “irrenunciable e urxente” acometer as actuacións precisas neste tramo na LU-710.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28